Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía de Rosalía
45_monumento_rosalia_1917.jpg
45. A construción dun monumento a Rosalía na Alameda de Santiago700 vistasSegundo o Diario de Galicia, a idea de celebrar un acto de homenaxe a quen fora vítima do “descrédito y la burla y acaso también de la calumnia”, xurdiu da Liga de Amigos de Santiago, pero foi Fraiz Andión quen puxo todo o empeño para recaudar os fondos necesarios para convertilo en realidade, o cal non foi nada doado:

“Nuestra labor fue presa del escepticismo social. Los adinerados, salvas raras excepciones, nos han dedicado una mueca desdeñosa, los pobres nos llamaron liristas, y muchos culturales nos dedicaron una sonrisa piadosa, mezcla de compasión y condicional aplauso”.
xun 05, 2008
46_monumento_a_rosalia_en_santiago.jpg
46. O monumento a Rosalía na Alameda de Santiago foi inaugurado en 1917666 vistasOs mesmos que a desprezaron en vida por librepensadora, á súa morte comezan a reivindicala como “a nosa santiña” e comparala con Teresa de Ávila. É o que Francisco Rodríguez chamou “tarefa de beatificación e de glorificación estupefaciente en olor a naftalina” que culminou coa inauguración da “Casa-Museo de Rosalía de Castro”, o “Santuario de Padrón”.xun 05, 2008
47_misa_rosalia_1950.jpg
47. Misa de Rosalía en 1950658 vistasA operación de manipulación funcionou tan ben, que mesmo algúns intelectuais galeguistas se deixaron impregnar desa visión deturpada e chega a xeneralizarse así a idea dunha Rosalía chorona, resignada e submisa escribindo unha obra saudosa e morriñenta.
xun 05, 2008
48_monumento_padron_1957.jpg
48. Monumento de Padrón631 vistasPero aínda que a tarefa de beatificación e glorificación obtivo o seu resultado, en torno á celebración do centenario da súa morte daranse a coñecer estudos en profundidade sobre a autora e a súa obra que nos descobren unha Rosalía comprometida coa realidade do seu tempo, firme e enérxica nas súas críticas, defensora do progreso social e dos dereitos das mulleres e de Galicia.

xun 05, 2008
37_rosalia_ultima_foto.jpg
37. Rosalía de Castro841 vistasAntes de morrer reúne os seus fillos para despedirse e ordénalle a Alexandra, que a coidou até o último momento, que queime todos os seus papeis literarios sen publicar. A filla obedece o mandado. xun 05, 2008
38_rosalia_de_castro_xacente_1885.jpg
38. Rosalía de Castro xacente911 vistasCóntase que antes de morrer, xa delirante, mandou abrir a fiestra para ver o mar e que esas foron as súas últimas palabras. Desde Padrón non se pode ver o mar, o cal fai máis impresionante o seu último desexo, precisamente vindo dela que tantas veces fantaseou co suicidio no mar nos seus poemas.

O seu fillo, Ovidio Murguía, que acaba de cumprir catorce anos, e que chegará a ser un pintor famoso, fai un retrato a lapis da súa nai morta, que despois copiará en óleo.
xun 05, 2008
40_cemiterio_da_Adina.jpg
40. Cemiterio de Adina826 vistasRosalía é enterrada no cemiterio da Adina, en Iria Flavia, como era a súa vontade. Cemiterio mencionado en Follas Novas. Pouco despois o marido e os fillos abandonarán a casa da Matanza.

O seu enterro non estivo acompañado de pompa nin foi multitudionario, todo o contrario. A súa tumba era tan humilde que mesmo se polemizou na prensa sobre o feito de que na súa tumba non había nin unha inscrición que indicase a admiración de Galicia a Rosalía.

A prensa en xeral , tanto a galega como a madrileña, foi bastante indiferente á súa morte, pese á súa importante obra en galego e en castelán. Así o explica o estudoso de Rosalía Gamallo Fierros:

“Ni siquiera a la hora de su muerte iba a tener suerte publicitaria Rosalía (...) Fallecida Rosalía, sin bombo ni platillos, ni casi vibrar de agencias, a las doce horas del 15 de julio, cuando estaba empezando a considerarse la noticia en las redacciones de Madrid, muere en esta capital, el día 18, el jefe carlista e integrista, y fundador de El Siglo Futuro: Don Cándido Nocedal (...). A partir de tal momento la muerte del político arrinconó el nombre de la poetisa y llenó la primera página de todos los periódicos de la Villa y Corte”.
xun 05, 2008
42_panteon1891.JPG
42. Panteón de Galegos Ilustres784 vistasEn 1891 os seus restos son trasladados ao mausoleo do Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de Santo Domingos de Bonaval.

Na reivindicación de Rosalía foi decisivo o papel desempeñado pola emigración cubana. É grazas á iniciativa do “Centro Gallego de La Habana” que se recaudan os fondos para facer un mausoleo para a poeta en Padrón, que logo será levantado en Santiago co conseguinte traslado das súas cinzas.

Pola contra, serán tantos os atrancos por parte do Gobernador Civil e do Arcebispado de Santiago, á homenaxe que os Rexionalistas lle queren conceder a Rosalía en Bonaval, con ocasión do traslado dos seus restos, que Murguía decide non asistir.

Con motivo deste traslado Curros Enríquez escribiu o seguinte poema:


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
xun 05, 2008
43_postal.jpg
43. Ofrenda floral de Curros ante a tumba de Rosalía en 1904760 vistasCurros denuncia, en repetidas ocasións, a marxinación sufrida por Rosalía.

En vida recibiu as críticas máis duras, cando non o desprezo, dos que non podían aceptar que unha muller entrase nun terreo que estaba reservado aos varóns, o da alta literatura. Unha cousa era falar de flores e de amor e outra moi distinta era atreverse a reflexionar sobre as grandes preguntas do ser humano. Cuestionar as verdades absolutas impostas polos xerarcas da Igrexa. Cuestionarse as grandes razóns dos Estados. Rosalía cometeu esa audacia e por iso foi duramente atacada por uns e ignorada por outros.

Esta foto foi distribuída como postal con motivo do traslado dos restos mortais de Curros da Habana á Coruña en 1908.
xun 05, 2008
31_leito.jpg
31. Leito823 vistasxun 05, 2008
32_escritorio_rosalia.jpg
32. Escritorio de Rosalía788 vistasRosalía escribía neste pequeno escritorio, nun recuncho do seu cuarto de durmir, a diferenza de Manuel Murguía que tiña un gran despacho para facer o seu labor intelectual.

A pesar diso, Rosalía víase a si mesma como unha profesional e nas súas cartas cando fala do seu "traballo" refírese ao seu traballo de escribir.
xun 05, 2008
34_exterior_casa_rosalia.jpg
34. Exterior da casa da Matanza798 vistasxun 05, 2008
73 ficheiros en 7 páxina(s) 4