Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía de Rosalía
70_Enterro_de_Murguia_1923.jpg
70. Enterro de Manuel Murguía, 192313 vistasManuel Murguía foi despedido por unha multitude o 4 de febreiro de 1923. O historiador falecera dous días antes, o 2 de febreiro, na Coruña, a cidade na que viviu os últimos anos da súa vida e desde onde exercería a primeira presidencia da RAG, fundada no ano 1906.mar 05, 2023
65_murguia~0.jpg
65. Manuel Murguía12 vistasManuel Murguía (1833-1923)
Historiador, impulsor do Rexurdimento e creador da Real Academia Galega.
mar 05, 2023
04_padron.jpg
04. Padrón. A casa da rúa do Sol27 vistasCon catro anos de idade Rosalía de Castro está vivindo xa coa nai e a madriña en Padrón, segundo consta na documentación descuberta por Manuel Pérez Grueiro, bibliotecario do Concello de Neda (A Coruña).

Rosalía vive en Padrón nesta casa da rúa do Sol polo menos seis anos, entre 1841 e 1847.

Padrón era naquel tempo unha vila próspera, con tantos habitantes coma hoxe en día, preto dos nove mil, mentres que Pontevedra naquela altura rexistraba só 4.141 habitantes, Vigo 6.742 e Ourense 5.490. (María Xesús Lama, 2017)

Rosalía foi á escola en Padrón, que, a diferenza doutras vilas, xa tiña unha escola para nenas sufragada polo concello na que se impartían os estudos primarios ata os nove anos.

Aínda que se sabe que tivo problemas de saúde por un sarampelo mal curado, as lembranzas da infancia da poeta están cheas de ledicia.
mar 04, 2023
03_Teresa_de_Castro.jpeg
03. Tareixa de Castro, nai de Rosalía29 vistasDurante anos estendeuse a idea de que Rosalía fora criada pola familia paterna ante o abandono da nai. Transmitíusenos de Teresa de Castro unha imaxe de fidalga atemorizada e preocupada polas aparencias, que non coincide cos estudos máis recentes:

"Caso de que non fose xa bastante elocuente o feito de que decidise independizarse do núcleo familiar e vivir soa coa filla, a pesar das penurias económicas, figurando sempre como "cabeza de familia", o que lle outorgaba unha liberdade para rexer a súa vida e unha independencia de criterio para a educación da pequena moi diferente da doutras mulleres que permanecían na casa familiar baixo o acocho de pais ou irmáns." (María Xesús Lama 2017)
mar 04, 2023
12_pazo_de_arreten.jpg
12. Pazo de Arretén16 vistasEn 1862, o ano da morte da nai da poeta, don José María de Castro, tío de Rosalía e dono do Pazo de Arretén, socorreraa vendendo doce ferrados de maínzo.

O Pazo de Arretén, na parroquia de Iria, foi propiedade dos Castro até a morte do tío materno de Rosalía, don José María de Castro. Aquí pasará a autora diversas tempadas.
mar 04, 2023
17_Santuario_da_Virxe_da_Barca.jpg
17. Santuario da Virxe da Barca en Muxía14 vistas
«Nosa señora da Barca
Ten o tellado de pedra;
Ben ó pudera ter d' ouro
Miña Virxe si quixera.»


I.

Canta xente... canta xente
Por campiñas, e por veigas!
Canta pó lo mar abaixo
Ven camiño da ribeira!
Que lanchas tan ben portadas
Con aparellos de festa!
Que botes tan feituquiños,
Con tan feituquiñas velas!
Todos cargadiños veñen
De xentiña forasteira,
E de rapazas bonitas
Cura de tódalas penas.
Cantos dengues encarnados!
Cantas sintas amarelas!
Cantas cofias pranchadiñas
Dende lonxe relumbrean,
Cal si fosen neve pura,
Cal froles da primadera!
Canta maxesa nos homes,
Canta brancura nas nenas!
Y eles semellan gallardos
Pinos qu' os montes ourean,
Y elas cogolliños novos
C' orballo da mañan fresca.
(...)

Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, 1863
mar 04, 2023
22_cartel_rosalia_festa_do_seixo.jpg
22. Festa do Seixo en Mugardos18 vistas31.


I.

Si á vernos, Marica, nantronte viñeras
 festa d' o Seixo n' a beira d' o mar,
Ti riras, Marica, cal nunca te riches
Debaixo d' os pinos d' o verde pinar.



 sombra d'os pinos, Marica, ¡que cousas
Chistosas pasaron! que rir toleiron!
Relouca d' arriba, relouca d' abaixo,
Iñamos, viñamos y ó bombo... pon.... pon.



As cóchegas brandas, as loitas alegres,
Os berros, os brincos, os contos sin fel,
Todiños peneques, alegres todiños.....
Y á nosa Señora detrás d' o tonel.


II.

Coitada! que festa brandida perdeche!.....
Cantáras, bebéras, dormíras, y así
N' un feixe miráras rolar xuntamente
Mociños e vellos d' aquí par' ali.



Co á vista trubada, c' os ollos dormentes
Sorrindo, comendo, pifando é ainda mais,
Qu' apertos, qu' olladas tan chuscas trocaban
As nenas de xenio c' os mozos de Cáis!



Debaixo d' os ricos pareauguas de seda
Qu' abertos formaban tamaño rodel,
Todiños chispados, qué cousas decian!
Y á nosa Señora detrás d' o tonel.


III.

Mais ela decote tan grav' e e soberba,
Tan fina d' oído, tan curta de mans,
Xordiña quedára, falando por sete,
Con probes e ricos, con porcos é cans.



Meu amo folgado de tanta largueza,
Que n'era costume na dona tal ver,
Tamén ¡miña xoya! saltando da burra,
¡Pin! ¡pan! río arriba botouse á correr.



Y á dona sorría con ollo entraberto,
Comendo castañas e viño con mel.....
¡Que festa, Marica!..... Todiños peneques.....
Y á nosa señora detrás d' o tonel.
mar 04, 2023
24_Rosalia_Castro_de_Murguia_por_Maria_Cardarelly_1865_aprox.jpg
24. Rosalía de Castro16 vistasFotografía realizada por María Cardarelly arredor de 1865mar 04, 2023
21_Ponte-de-Pedra-de-Madeira_1866.jpg
21. Monte Breamo en Pontedeume16 vistasNo ano 1864 Rosalía de Castro recupérase da tuberculose nunha casa con muíño en Breamo, onde veranea con Manuel Murguía e a filla maior de ambos, Alexandra.

"Alí recuperou a inspiración xa que iría á romaría do Seixo (Mugardos) e escribiría o seu primeiro poema tras Cantares", indica o investigador Diego Rodríguez González.
mar 03, 2023
69_caricatura_de_murguia_por_castelao.jpg
69. Caricatura de Murguía feita por Castelao417 vistasxul 18, 2012
66_murguia.jpg
66. Manuel Murguía371 vistasxul 18, 2012
55_Gala.jpg
55. Gala Murguía de Castro501 vistas"No, por Dios, desmienta usted que mi madre era triste. Era alegre, muy alegre, y extremadamente acogedora y simpática"

Palabras de Gala, a filla máis lonxeva e máis entrevistada, reproducidas por Victoriano García Martí en 1960.
xul 18, 2012
73 ficheiros en 7 páxina(s) 1