Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía Pondal
09_borneiro.jpg
09. CASTRO DE BORNEIRO764 vistasCamiño da reitoral de Nemiña, Pondal pasaba á beira do castro de Borneiro e do dolmen de Dombate.mai 23, 2009
00_pondal_orla.jpg
00. EDUARDO PONDAL763 vistasmai 23, 2009
01_ponteceso.jpg
01. PONTECESO816 vistasPondal nace en Ponteceso en 1835, que nesa altura era só un dos lugares de San Tirso de Cospindo pertencentes ao concello da Bugalleira.mai 23, 2009
02_casa_no_anllons.jpg
02. CASA DE EDUARDO PONDAL834 vistasNace Pondal o día 6 de Febreiro de 1835 na "pequena" Ponteceso, nunha casa que levantara seu pai á beira do Anllóns e da ponte que o atravesa.
mai 23, 2009
03_casa_de_pondal.jpg
03. CASA DE EDUARDO PONDAL836 vistasEu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Uns naceno na máxica Granada,
outros naceno en Málaga famosa,
os outros en Sevilla nomeada,
os outros en Valencia deleitosa;
uns na garrida Cádiz, ben soada,
en Barcelona os outros, populosa:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Amabre Ponte-Ceso, anque pequena,
agreste certamente, mas garrida,
cando deixar a mundanal faena
teu bardo e for pasado desta vida,
non t'esquezas de quen, con faz serena,
dixo a toda ciudade fementida:
"Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso".
mai 23, 2009
04_Julia.jpg
04. A SÚA IRMÁ JULIA794 vistasPondal foi o derradeiro de sete irmáns (Cesáreo, Emilia, Josefa, Eduarda, Julia, Eulogia e Eduardo), dunha familia de ascendencia fidalga.mai 23, 2009
   
42 ficheiros en 4 páxina(s) 4