|
00. EDUARDO PONDAL764 vistas
|
|
01. PONTECESO816 vistasPondal nace en Ponteceso en 1835, que nesa altura era só un dos lugares de San Tirso de Cospindo pertencentes ao concello da Bugalleira.
|
|
02. CASA DE EDUARDO PONDAL834 vistasNace Pondal o día 6 de Febreiro de 1835 na "pequena" Ponteceso, nunha casa que levantara seu pai á beira do Anllóns e da ponte que o atravesa.
|
|
03. CASA DE EDUARDO PONDAL836 vistasEu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Uns naceno na máxica Granada,
outros naceno en Málaga famosa,
os outros en Sevilla nomeada,
os outros en Valencia deleitosa;
uns na garrida Cádiz, ben soada,
en Barcelona os outros, populosa:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Amabre Ponte-Ceso, anque pequena,
agreste certamente, mas garrida,
cando deixar a mundanal faena
teu bardo e for pasado desta vida,
non t'esquezas de quen, con faz serena,
dixo a toda ciudade fementida:
"Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso".
|
|
04. A SÚA IRMÁ JULIA795 vistasPondal foi o derradeiro de sete irmáns (Cesáreo, Emilia, Josefa, Eduarda, Julia, Eulogia e Eduardo), dunha familia de ascendencia fidalga.
|
|
05. A SÚA IRMÁ EULOGIA807 vistasCando tiña 16 meses morreu a nai e este feito, unido a que pouco despois en 1838 seu irmán Cesáreo marchou para América, fixo que se convertese no home-neno a protexer pola familia.
|
|
06. PEIRAO835 vistasAínda que a familia era de posición social elevada, grande parte da fortuna paterna foi gañada en América e investida na Ponteceso. Aquí estableceuse a carón do río Anllóns, onde construíu un peirao para atracaren os barcos que utilizaba nas relacións comerciais con América. Ademais conseguiu dos Abente de Laxe unha parte do negocio do sal, fundou un banco e chegou a ser deputado provincial e encarregado das estradas.
|
|
07. O SEU IRMÁN CESÁREO813 vistasO seu irmán Cesáreo, que tamén pasa un tempo en América, proseguirá coas actividades do pai e chegará a ser alcalde, conseguindo centrar na Ponteceso toda a actividade económica e administrativa do concello: feira, notaría, aduana, casa do Concello, etc.
|
|
08. REITORAL DE NEMIÑA813 vistasAínda que no concello da Bugalleira (ao que pertencía Ponteceso) había dúas escolas, o futuro poeta vai estudar a unha reitoral como era costume faceren os rapaces que no futuro querían seguir estudos eclesiásticos ou universitarios. Pondal, pois, vai formarse en Vilela de Nemiña, baixo a dirección do cura párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, até o ano 1848, que se trasladará a Santiago a facer o bacharelato.
Esta época da súa vida debeu ser importante na súa traxectoria vital, humana e académica, posto que a ela vai aludir repetidamente na súa obra, lembrando os seus antigos compañeiros e citando insistentemente o criado que o acompañaba no percorrido á reitoral de Nemiña:
Meu criado e compañeiro,
da Bouza, Farruco amigo,
paremos un pouco aquí:
práceme o fungar dos pinos,
que cando os sinto de preto
na alma non sei que sinto,
se é pracer ou son suidades
dun pasado tempo antigo.
|
|
09. CASTRO DE BORNEIRO765 vistasCamiño da reitoral de Nemiña, Pondal pasaba á beira do castro de Borneiro e do dolmen de Dombate.
|
|
10. O DOLMEN DE DOMBATE851 vistasCamiño da reitoral de Nemiña pasaba diante do dolmen de Dombate ao que lle adicaría este poema de Queixumes dos Pinos:
O DOLMEN DE DOMBATE
Aínda recordo, aínda,
cand'eu era estudiante,
garrido rapacete
que ben rexerse sabe,
cand'iba p'ra Nemiña
a estudiar o arte
do erudito Nebrija
e do bo Villafañe,
qu'iba a cabalo, ledo,
como fan os rapaces.
Pasado Vilaseco,
lugar batido do aire,
no alto da costa d'Ures,
de montesía canle;
pasado Vilaseco,
indo p'la gandra adiante,
xa vía desde lonxe
o dolmen de Dombate.
Deixando Fonte-Fría
cara o lado de Laxe,
e levando o camiño
de San Simón de Nande,
polo chan de Borneiro
de cativos pinales,
cuase pasaba a rentes
do dolmen de Dombate.
........................................
Entonces eu deixando
ambas rendas flotantes,
pensoso iba cuidando,
p'la Viqueira salvaxe,
nos nosos xa pasados,
nos celtas memorabres,
nas súas antigas glorias,
nos seus duros combates,
nos nosos vellos dolmens
e castros verdexantes.
E despois a Nemiña,
ou que fose ou que tornase,
ó velo desde lonxe,
indo p'la gandra adiante,
sempre ledo escramaba:
"¡O dolmen de Dombate!".
Agora que pasano
meus anos xogorales,
agora que só vivo
de tristes suïdades,
que cumpro con traballo
meu terrenal vïaxe
e qu'a miña cabeza
branquea a grave edade,
aínda recordo, aínda,
o dolmen de Dombate.
|
|
11. O DOLMEN DE DOMBATE NA ACTUALIDADE779 vistas
|
|
42 ficheiros en 4 páxina(s) |
1 |
|
|