Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


36_ROSALIA.JPG
36. Un dos últimos retratos de Rosalía de Castro861 vistasRosalía morre dun cancro de útero en 1885 acompañada polos seus fillos e en ausencia de Murguía.
37_rosalia_ultima_foto.jpg
37. Rosalía de Castro843 vistasAntes de morrer reúne os seus fillos para despedirse e ordénalle a Alexandra, que a coidou até o último momento, que queime todos os seus papeis literarios sen publicar. A filla obedece o mandado.
38_rosalia_de_castro_xacente_1885.jpg
38. Rosalía de Castro xacente912 vistasCóntase que antes de morrer, xa delirante, mandou abrir a fiestra para ver o mar e que esas foron as súas últimas palabras. Desde Padrón non se pode ver o mar, o cal fai máis impresionante o seu último desexo, precisamente vindo dela que tantas veces fantaseou co suicidio no mar nos seus poemas.

O seu fillo, Ovidio Murguía, que acaba de cumprir catorce anos, e que chegará a ser un pintor famoso, fai un retrato a lapis da súa nai morta, que despois copiará en óleo.
39_manuel_murguia.jpg
39. Manuel Murguía807 vistasMurguía non estaba con Rosalía no momento da súa morte e cando regresou á casa enfadouse moito porque Alexandra queimara os papeis da nai, pois entre o queimado había unha novela inédita e outros traballos da autora.

Porén, debémoslle a Murguía o feito de non conservar as cartas de súa muller, que queimou cando era un ancián e sentiu próximo o final da súa vida, privándonos de coñecer moitos aspectos do carácter de Rosalía e da súa obra.
40_cemiterio_da_Adina.jpg
40. Cemiterio de Adina826 vistasRosalía é enterrada no cemiterio da Adina, en Iria Flavia, como era a súa vontade. Cemiterio mencionado en Follas Novas. Pouco despois o marido e os fillos abandonarán a casa da Matanza.

O seu enterro non estivo acompañado de pompa nin foi multitudionario, todo o contrario. A súa tumba era tan humilde que mesmo se polemizou na prensa sobre o feito de que na súa tumba non había nin unha inscrición que indicase a admiración de Galicia a Rosalía.

A prensa en xeral , tanto a galega como a madrileña, foi bastante indiferente á súa morte, pese á súa importante obra en galego e en castelán. Así o explica o estudoso de Rosalía Gamallo Fierros:

“Ni siquiera a la hora de su muerte iba a tener suerte publicitaria Rosalía (...) Fallecida Rosalía, sin bombo ni platillos, ni casi vibrar de agencias, a las doce horas del 15 de julio, cuando estaba empezando a considerarse la noticia en las redacciones de Madrid, muere en esta capital, el día 18, el jefe carlista e integrista, y fundador de El Siglo Futuro: Don Cándido Nocedal (...). A partir de tal momento la muerte del político arrinconó el nombre de la poetisa y llenó la primera página de todos los periódicos de la Villa y Corte”.
41_pardo_bazan_de_mi_tierra_1888.jpg
41. A Condesa de Pardo Bazán772 vistasEmilia Pardo Bazán, escritora moi respectada no tempo de Rosalía, non tiña en grande estima á nosa autora, vertendo duras críticas á súa poesía no libro De mi tierra, publicado en Madrid en 1888:

“Mediante tan raro mérito, es el libro de los Cantares lo mejor que Rosalía ha producido, y lo más sincero de la poesía gallega; lo que más copia la fisonomía tradicional y pintoresca de nuestro país”. “Cuando Rosalía habla por cuenta propia, como sucede en la mayor parte de los poemitas de Follas Novas, pidiendo solamente al dialecto la envoltura de su sentir, es sin duda un poeta digno de estima, pero que repite quejas muy prodigadas en la enfermiza poesía lírica de medio siglo acá”.

42_panteon1891.JPG
42. Panteón de Galegos Ilustres784 vistasEn 1891 os seus restos son trasladados ao mausoleo do Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de Santo Domingos de Bonaval.

Na reivindicación de Rosalía foi decisivo o papel desempeñado pola emigración cubana. É grazas á iniciativa do “Centro Gallego de La Habana” que se recaudan os fondos para facer un mausoleo para a poeta en Padrón, que logo será levantado en Santiago co conseguinte traslado das súas cinzas.

Pola contra, serán tantos os atrancos por parte do Gobernador Civil e do Arcebispado de Santiago, á homenaxe que os Rexionalistas lle queren conceder a Rosalía en Bonaval, con ocasión do traslado dos seus restos, que Murguía decide non asistir.

Con motivo deste traslado Curros Enríquez escribiu o seguinte poema:


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
43_postal.jpg
43. Ofrenda floral de Curros ante a tumba de Rosalía en 1904760 vistasCurros denuncia, en repetidas ocasións, a marxinación sufrida por Rosalía.

En vida recibiu as críticas máis duras, cando non o desprezo, dos que non podían aceptar que unha muller entrase nun terreo que estaba reservado aos varóns, o da alta literatura. Unha cousa era falar de flores e de amor e outra moi distinta era atreverse a reflexionar sobre as grandes preguntas do ser humano. Cuestionar as verdades absolutas impostas polos xerarcas da Igrexa. Cuestionarse as grandes razóns dos Estados. Rosalía cometeu esa audacia e por iso foi duramente atacada por uns e ignorada por outros.

Esta foto foi distribuída como postal con motivo do traslado dos restos mortais de Curros da Habana á Coruña en 1908.
44_postal_reverso.jpg
44. Reverso da postal anterior1076 vistasNo dorso da postal anterior figuraba o seguinte poema escrito polo propio Curros Enríquez:

N-A TUMBA DE ROSALÍA

Collidas a pedir de porta en porta
(Que eu non herdei xardíns nin hortas teño)
¡Sombra sin paz da nosa “Musa” morta!
Aquí estas frores a traguerche veño.

I ó esparexelas sobre a pedra fría
Que un “Resurrexit” pra crebarse agarda,
Sinto cuase o tremor que sentiría
O ladrón que recea e se acobarda.

Como el, ao che deixar a miña ofrenda
A soledade en miña axuda chamo,
Que si el ten medo que a xustiza o prenda,
Temo eu que me marmuren os que amo.

Tanto do noso tempo a xente esquiva
As patrias grorias burla i escarnece:
¡Xeneración de mánceres cativa
Que hastra o pai que a enxendrara desconece.

Que hoxe é pecado relembrar fazañas
Porque impotentes pra as facer nacemos
E cecais que gabar grorias estrañas
Nos console das propias que perdemos.

O valor, o carácter, as ideas,
Fala, costumes... son “lendas douradas”
¿De que cor serán ¡ai! as alleas
Que nos fan ler a couces e pancadas?

...........................................................

Mais dorme, Rosalía, mentres tanto
Nas almas mingoa a fe i a duda medra
¡Quen sabe se deste recinto santo
Non quedará mañá pedra con pedra!

¡Quen sabe si esta tumba, nese día,
Chegará a ser, tras bélicas empresas,
Taboleiro de iankee mercería
Ou pesebre de bestas xaponesas!
45_monumento_rosalia_1917.jpg
45. A construción dun monumento a Rosalía na Alameda de Santiago700 vistasSegundo o Diario de Galicia, a idea de celebrar un acto de homenaxe a quen fora vítima do “descrédito y la burla y acaso también de la calumnia”, xurdiu da Liga de Amigos de Santiago, pero foi Fraiz Andión quen puxo todo o empeño para recaudar os fondos necesarios para convertilo en realidade, o cal non foi nada doado:

“Nuestra labor fue presa del escepticismo social. Los adinerados, salvas raras excepciones, nos han dedicado una mueca desdeñosa, los pobres nos llamaron liristas, y muchos culturales nos dedicaron una sonrisa piadosa, mezcla de compasión y condicional aplauso”.
46_monumento_a_rosalia_en_santiago.jpg
46. O monumento a Rosalía na Alameda de Santiago foi inaugurado en 1917666 vistasOs mesmos que a desprezaron en vida por librepensadora, á súa morte comezan a reivindicala como “a nosa santiña” e comparala con Teresa de Ávila. É o que Francisco Rodríguez chamou “tarefa de beatificación e de glorificación estupefaciente en olor a naftalina” que culminou coa inauguración da “Casa-Museo de Rosalía de Castro”, o “Santuario de Padrón”.
47_misa_rosalia_1950.jpg
47. Misa de Rosalía en 1950658 vistasA operación de manipulación funcionou tan ben, que mesmo algúns intelectuais galeguistas se deixaron impregnar desa visión deturpada e chega a xeneralizarse así a idea dunha Rosalía chorona, resignada e submisa escribindo unha obra saudosa e morriñenta.
73 ficheiros en 7 páxina(s) 4