Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


36_rua_hotel_la_luguesa_actual.JPG
36. RÚA DO HOTEL "LA LUGUESA" NA ACTUALIDADE633 vistasA MORTE DO POETA

O día 8 de Marzo de 1917 morreu no hotel "La Luguesa", na rúa Juana de Vega da Coruña, nº 21.
Este foi un dos moitos hoteis onde Pondal residía durante as súas estancias na Coruña. La Luguesa converteuse en escenario das súas derradeiras horas. Desde aquí enviou unha última carta, preocupado polos seus manuscritos, a Andrés Martínez Salazar. Tras varios anos de saúde moi precaria, o Bardo de Bergantiños morre neste hotel cego e en soidade.

O edificio actualmente atópase en rehabilitación.
37_tumba_pondal~0.JPG
37. TUMBA DE PONDAL NO CEMITERIO DE SAN AMARO576 vistasO enterro, de primeira clase e sufragado polo Concello, constituíu unha mostra de fervor institucional e popular. Presidírono as autoridades municipais en pleno co alcalde, Manuel Casás, á cabeza e os gardas municipais en uniforme de gala, xunto con representacións da Deputación Provincial, da familia e da Academia. Na comitiva ían comisións en representación de case todas as institucións coruñesas, públicas e privadas, que ademais enloitaron as súas sedes. Ao paso do coche fúnebre ían cerrando as portas e escaparates todos os establecementos comerciais e bancarios, seguindo as recomendacións municipais, no medio dunha multitude expectante. No cemiterio de San Amaro falaron o Alcalde e, en galego, Lugrís. No final cantouse o Himno.

Estas pompas fúnebres contrastan co case inmediato abandono da tumba por parte da familia, duramente criticado polas Irmandades.
38_sinatura.jpg
38. SINATURA DE EDUARDO PONDAL496 vistasPondal cifraba toda a súa gloria na obra que legou para o futuro.

A OBRA DO POETA (1916)

Eis a obra exhibín, que non o ardente
raio destruïdor, non o desterro,
non o decreto de tirano urxente,
non poderán o fogo nin o ferro
p'ra sempre destruír..., nin aparente
envidia, nin prisón, nin duro encerro,
nin odio escuro, nin soberbia adusta,
nin a morte, nin longa edá vetusta
39_manuscrito_pondal.jpg
39. MANUSCRITO DE PONDAL499 vistasManuscrito autógrafo de Pondal "Po-lo baixo cantando...". Encóntrase na sede da Real Academia Galega.
40_maleta_eoas.jpg
40. MALETA NA QUE ESTABAN OS EOAS543 vistasMaleta de Eduardo Pondal na que se conservaron esquecidos durante anos os manuscritos e borradores d'Os Eoas. Atópase na actualidade na sede da Real Academia Galega.
41_Portada_A_Nosa_Terra.jpg
41. BIBIOGRAFÍA CONSULTADA505 vistasDOBARRO PAZ, X.M. e FERREIRO, Manuel, "Achegamento á biografía de Pondal" en Eduardo Pondal. Home libre, libre terra., A Nosa Terra, 1986

FERREIRO, Manuel, Pondal. Do dandysmo á loucura, Laiovento, 1991
   
42 ficheiros en 4 páxina(s) 4