Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


12_camara_dolmen_dombate.jpg
12. CÁMARA INTERIOR DO DOLMEN DE DOMBATE754 vistas
13_aurelio_aguirre.jpg
13. AURELIO AGUIRRE802 vistasEduardo Pondal trasládase a Santiago para iniciar os estudos de Bacharelato e rematado o ensino secundario, matricúlase na Facultade de Medicina en 1854.

Nos anos nos que chegou a Compostela estaba comezando o rexurdir político-cultural galego (primeiras publicacións periódicas defendendo os intereses de Galiza, as primeiras agrupacións e mais os primeiros movementos reivindicativos que finalizaron co levantamento frustrado de 1846). É a época en que comenzan a escribir en galego Añón, os Camino, Turnes, Valladares, etc. e destacan entre a xuventude universitaria ou cultural Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz, os Rúa Figueroa, Murguía, Rosalía, Aguirre...

O xoven Pondal participará en moitas destas actividades dos provincialistas, alén de compartir protagonismo no Banquete de Conxo coa principal figura do ambiente universitario do momento, Aurelio Aguirre, o que supuxo para Pondal a entrada na vida pública galega, aos 21 anos de idade.
14_murguia_novo.jpg
14. MANUEL MURGUÍA773 vistasAs amizades que establece durante este período van ser permanentes, tal e como se manifesta na relación epistolar intensa.

No Banquete de Conxo faise moi amigo de Murguía. Os dous desenvolverán o celtismo, un na poesía e outro na historia. Fixo testamento aos 35 anos e deixáballe os libros e manuscritos a Murguía. (Tal era a súa obsesión pola morte que fixo como mínimo tres testamentos).
15_Rosalia_Santiago_1855.jpg
15. RETRATO DE ROSALÍA NOS TEMPOS DO LICEO DE LA JUVENTUD CONSERVADO ENTRE AS COUSAS DE PONDAL741 vistasPor outra parte, en Compostela vai ter oportunidade de reforzar unha formación literaria que o ha de converter no máis culto dos poetas galegos do seu tempo. A súa preocupación pola literatura non se limitaba aos autores grecolatinos (Virxilio, Tucídides, Plutarco, Homero, Safo, etc.). Tamén coñecía a Milton, Shakespeare, Heine, Dante, Ariosto, Monti, Leopardi, Chateaubriand, etc, ademais da Biblia, Ossián, Tasso e Camoes, de grande transcendencia na súa obra.

Convén suliñar que lía os clásicos na lingua orixinal (latín, grego, portugués, italiano, francés e inglés); mesmo chegou a redactar textos en italiano e a publicar un poema en francés.
16_pondal_1859.jpg
16. RETRATO DE PONDAL EN 1859769 vistasÉ de supor que, tal e como reflicte unha boa parte das súas primeiras composicións, estivese interesado en procurar relacións de carácter amoroso. Aínda que morrese solteiro, ao longo da súa biografía existen numerosos testemuños de relacións con mulleres diversas. A visión idealizada da muller que ofrece nos poemas primeiros en español contrasta extraordinariamente coa máis crúa da maioría dos textos de madureza centrados na relación erótica, nos que a idea dominante é o asoballamento e a violación, idea que alternará na súa obra en galego coa imaxe idealizada das guerreiras virxes celtas, as fadas (mouras na mitoloxía galega) e as freiras.
17_titulo_medicina.jpg
17. TÍTULO DE MEDICINA755 vistasObtén o grao de Licenciado o 18 de Xuño de 1860.

Acabada a carreira de Medicina, traballou como médico da Armada en Ferrol, pero esta vida non lle resultaba satisfactoria. A pesar de todo, vai seguir en Ferrol ata o ano 1862.

Tras un breve paso pola Coruña foi a Madrid examinarse para médico de Sanidade Militar. Aprobou a oposición. Soamente consta a súa permanencia en destino durante o mes de Xullo, o 27 dese mes pediu permiso e non volveu máis.
18_pondal_1862.jpg
18. RETRATO DE PONDAL EN 1862726 vistasUnha vez que abandonou a profesión médico-militar dedicou toda a súa vida a exercer de bardo, vivindo a conta da herdanza familiar.
19_escritorio_casa_natal.jpg
19. ESCRITORIO DA SÚA CASA NATAL686 vistasInicialmente instalouse na Ponteceso, posiblemente non só polo fracaso profesional, senón sobre todo por problemas de saúde mental, que xa se manifestaban desde cedo, mostrando síntomas de neurose obsesiva. A partir de agora, existen constantes probas dun proceso que desembocará na crise de 1903 e culminará na loucura final.
20_pondal_1862_b.jpg
20. OUTRO RETRATO DE PONDAL EN 1862722 vistasContinúa o seu proceso formativo e transládase a Santiago, onde permanece ata 1885. Neste período confírmase a súa transformación en poeta "profesional" cada vez máis galeguizado. A súa intensa participación na sociedade compostelá obrigábao a gastar sumas importantes tanto de residencia como en vestimenta de luxo, preocupación continua da que existe constancia ao longo de toda a súa vida posterior, así como outros gastos suplementarios derivados dun modus vivendi propio dun dandy. Consecuentemente, polo que se pode apreciar na súa correspondencia, virán continuas peticións de cartos á familia para satisfacer os seus gastos.
21_pondal_1865.JPG
21. RETRATO DE PONDAL EN 1865649 vistas
22_pondal_1874.jpg
22. RETRATO DE PONDAL EN 1874678 vistasA mediados de 1885 decide marchar de Santiago e establécese na Coruña, cidade na que vai reproducir a súa vida compostelá e na que rexurdirán os problemas económicos.
23_curros.jpg
23. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ683 vistasA finais dos anos 70 do século XIX entra no panorama da literatura galega Curros Enríquez, mais o éxito e a constante presenza na prensa do poeta celanovés causa certo desagrado en Pondal.
42 ficheiros en 4 páxina(s) 2