Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


00_curros-ilustracion.jpg
00. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ641 vistas
01_casa_curros~0.jpg
01. CASA NATAL DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ745 vistasManuel Curros Enríquez naceu en 1851 na casa número 14 da rúa de San Roque de Celanova.

Nesta casa pasou a súa infancia nun ambiente familiar dominado pola figura autoritaria do pai. Con quince anos abandonou a casa paterna e mudouse a Madrid para estudar o Bacharelato e comezar a carreira de Dereito, que non chegou a rematar.

O seu pai, D. José María de Curros,(1800-1888) foi notario en Celanova e tivo coa nai de Curros vinte e un fillos, dos que morreron prematuramente dezanove. Tiña, segundo os que o coñeceron, un temperamento de ferro e unha gran fortaleza física. O seu carácter fero e obstinado e a súa severidade, próxima á crueldade, marcou profundamente a Manuel Curros.
02_casa_museo~0.jpg
02. CASA NATAL DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ NA ACTUALIDADE625 vistas
03_curros~0.jpg
03. RETRATO DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ688 vistasAté os 26 anos non regresa a Galicia.

En Madrid implicouse na vida política e colaborou na prensa. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que, como moitos intelectuais da súa época, acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a todos os homes. O seu ideal de goberno era unha democracia burguesa, laica e progresista, e de aí o seu anticlericalismo, posto que a Igrexa era un dos piares máis fortes de oposición a este sistema.
04_virxe_do_cristal.jpg
04. IMAXE DA VIRXE DO CRISTAL VENERADA EN VILANOVA DOS INFANTES703 vistas“A Virxe do Cristal”, “O gueiteiro de Penalta” e “Unha boda en Einibó” son as pezas que presentou a un concurso literario en Ourense por petición da nai, no que se premiaba con dous mil reás o mellor conxunto de tres poemas que cantasen unha tradición, un tipo e un costume de Galicia.

Curros gañou o concurso que se fallou en 1877, ano en que Curros se instalaba en Ourense como funcionario na Delegación de Facenda.

Estes foron os únicos poemas costumistas que escribiu, pero marcarían o inicio da súa produción literaria en galego.
05_familia_curros.jpg
05. RETRATO DA MULLER DE CURROS, MODESTA VÁZQUEZ, E OS SEUS TRES FILLOS742 vistasCurros xa levaba seis anos casado polo xulgado con Modesta Vázquez e tiñan dous fillos, cando deciden casar pola igrexa en 1877, nunha tentativa de ser aceptados pola “boa sociedade” ourensá.

A principios da década de 1890 separarase da súa muller, despois de atravesar serios problemas económicos e familiares.
06__aires_da_minha_terra.jpg
06. AIRES DA MIÑA TERRA 1880798 vistasNesta etapa ourensá Curros aproxímase aos rexionalistas.

Aquí compuxo o seu poemario Aires d'a miña terra, que saía do prelo en 1880.

A obra alcanzou inmediatamente un enorme éxito, acrecentado pola denuncia do bispo de Ourense, que solicitaba que fose confiscado e que o incluía no índice de libros prohibidos. Curros foi xulgado e condenado en Primeira Instancia, pero absolto pola Audiencia Territorial da Coruña.

A obra sería reeditada en 1881 e en 1886 con novas contribucións poéticas.
07_chegada_ourense_locomotora.jpg
07. ILUSTRACIÓN DA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA NO ANO 1880921 vistasDebuxo aparecido en La Ilustración Gallega y Asturiana que representa a chegada a Ourense da primeira locomotora.

Curros, firme defensor do progreso tecnolóxico e científico, adicoulle a este evento o seu poema “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”:

I
Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

II
Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.
Asocia esas voces
ó son dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!
E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
vén o monstro a beber no teu seo.
Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.
08_rede_ferroviaria_1860.jpg
08. REDE FERROVIARIA NA ESPAÑA DE 1860734 vistas
09_rede_ferroviaria_1875.jpg
09. REXIÓNS INDUSTRIAIS E FERROCARRIL EN 1875622 vistas
10_rede_ferroviaria_1880.jpg
10. REDE FERROVIARIA NA ESPAÑA DE 1880640 vistas
11_chegada_locomotora_pontevedra.jpg
11. FOTOGRAFÍA DA CHEGADA A PONTEVEDRA DO FERROCARRIL NO ANO 1884688 vistasA cidade de Pontevedra aínda tivo que agardar até o verán de 1884 para conectarse á rede ferroviaria e ver chegar por ela o primeiro tren.

Esta fotografía realizouna o fotógrafo Francisco Zagala.
57 ficheiros en 5 páxina(s) 1