Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


2001_ImperioRomano-453.gif
01. Imperio Romano cara ao 45351 vistas
2002_Reino_Suevo.png
02. Reino suevo25 vistasÉ o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda.
Os suevos que se instalaron en Galiza eran procedentes dos quados (QUADI), do Rin, da actual Viena (Austria).
2003_MaiorExtensiónSuevos_copia.png
03. Reino suevo31 vistasO momento de maior extensión da Galiza sueva.
2004_Mapa_Califato929-1031.jpg
04. Mapa Califato (929-1031)36 vistas“Ao longo da Idade Media Galicia era unha entidade xeográfica e política recoñecida en toda Europa e áreas colindantes. Na cartografía a zona noroccidental da península coñecese todo este tempo como Galicia, e é á área baixo dominio musulman a que se denomina Hispania”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
2005_Mapa_de_M__Lafuente.png
05. Mapa de M. Lafuente43 vistas“Este mapa introduciuse na mostra para facer referencia a como se trata Galicia na historiografía tradicional, na que se oculta como realidade política. É un mapa de 1850 fundamental para a historiografía, o autor traduce Jalikia, que é o termo dos musulmáns para falar da antiga Gallaecia, por Reino de León”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
2006_Mapa_dos_reinos_de_Afonso_VI_e_Urraca_copia.png
06. Mapa dos reinos de Afonso VI e Urraca34 vistas“É un mapa político que amosa ata onde chegou o Reino de Galicia”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
2007_Foro_partido_por_ABC_e_moeda_de_traslatio_copia.jpg
07. Foro partido por ABC e moeda de traslatio26 vistasFalan do agromar que experimentan as sociedades europeas en xeral e a galega en particular entre os séculos XI e XIII. Os dous elementos son sintomáticos do desenvolvemento agrícola e mais o comercio. “En Galicia a agricultura vese favorecida co contrato de foro, que garante a posesión prolongada da terra. As moedas son expresión do dinamismo do comercio. Esta moeda de Fernando II ten a imaxe do traslado do apóstolo, e é moi interesante porque está acuñada na ceca compostelá. Aquí facíase moeda e iso tamén fala do poder daquel reino”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
2008_Tombo_A.png
08. Tombo A18 vistas“É un documento excepcional, mandouno facer o arcebispo Xelmírez, e recolle as doazóns e os privilexios que lle fixeron á igrexa compostelá os devanceiros de Afonso VII. Realmente é unha operación de mercadotecnia para estimular a xenerosidade deste rei. As doazóns non están ordeadas cronoloxicamente, senón segundo a relación que o doante ten con Afonso VII. Faise arredor do 1129 e amosa o equilibro institucional do reino. O feito de que estea elaborado na igrexa e dirixido ao rei permite ver a estreita alianza entre a igrexa compostelá e a realeza co trono en León, amosa a bicefalia do reino”.

Fonte: Sabela Pato. Da terra de Lemos ao Reino de Galicia Terceira Persoa
2009_Reino_de_Galicia_Suevos.png
09. Reino de Galiza durante a dinastía sueva24 vistasHermerico conseguiu independizarse de Roma setenta anos antes da caída do Imperio Romano.
409-438: Hermerico reina en Suevia, o primeiro reino peninsular e o primeiro estado medieval.
438-448: abdica Hermerico no seu fillo Requila.

Fonte: Galipedia
2010_Paulo_Orosio_miniatura_do_códice_Saint-Epure.jpg
10. Paulo Orosio19 vistasMiniatura do códice Saint-Epure.

“Cando chegaron os bárbaros mudaron a espada polo arado” segundo as palabras de Paulo Orosio (383-420), coetáneo de Hermerico, recollidas na Historia Sueborum por Santo Isidoro de Sevilla, o primeiro historiador non romano. Isto indica que o que foi chamado arado romano en realidade era un arado suevo.

Fonte: Xoán Bernárdez Vilar
2011_Rechiarius.jpg
11. Rechiarius13 vistasRechiario forma parte da primeira xeración de suevos nacidos en Galicia. Sucede no trono ao seu pai Requila e queda con toda a Gallaecia, que se estendía ata Euskadi.
Xa era católico cando accedeu ao trono e no 449 decretou a conversión oficial do reino, de xeito que Galicia foi tamén o primeiro reino católico de Europa occidental.
A consolidación institucional maniféstase na acuñación de moeda propia, tamén por primeira vez en Europa, coa lenda IUSSU RECHIARI REGES (= por orde do rei Requiario), na que o seu nome substituía ao do emperador romano.

Fonte: Anselmo López Carreiro, Os Reis de Galicia, A Nosa Terra, 2003
2012_ImperioRomanoAD451.jpg
12. Imperio Romano no 451 d. C.12 vistas
54 ficheiros en 5 páxina(s) 1