Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


1001_Ábside_igrexa_Sant_Quirze,_Pedret,_Barcelona_séc__X.jpg
01. Representación de Cristo como ave fénix30 vistasÁbside da igrexa de Sant Quirze.
Pedret, Barcelona, século X.

Representación de Cristo como ave fénix, que rexorde ao terceiro día das cinzas.
O círculo é a representación do macrocosmos circunscrito ao home perfecto, Cristo, ao home que extende os seus brazos (imaxe do Crucificado)

Na Idade Media, cada cousa creada era un símbolo por medio do cal Deus se daba a coñecer e, de entre todas as cousas creadas, o home era a que mellor reflectía a imaxe de Deus, pois modelou o home da arxila e fíxoo á súa imaxe e semellanza.
No século XII, o Home era unha alegoría do cosmos: era un microcosmos. A carne era comparada coa terra espesa, a pel co mar que cerca a terra, as veas eran os ríos, os ósos, as rochas e os cabelos da cabeza, as herbas dos prados, etc.
Ao longo da Idade Media, a perfección do humano en relación a Deus constituíu unha obsesión. San Agustín, santa Hildegarda, santo Tomás de Aquino, entre outros, consideraron ao Homo Quadratus como ideal de perfección, e a Cristo como o Homo Quadratus por excelencia.

Fonte: Sureda, Joan. Historia universal del arte (tomo IV), La Edad Media, Románico/Gótico, Barcelona: Editorial Planeta, 1990
1002_Códice_latino_de_santa_Hildegarda,_Lucca,_Italia_séc__XII.jpg
02. O home no centro do mundo21 vistasCódice latino de Santa Hildegarda.
Lucca, Italia, século XII.

O cadrado é a perfección do terrestre –do Home- e o círculo é a perfección do celeste –de Deus-.
1003_catedral_santiago.jpg
03. Planta da catedral de Santiago18 vistasO home é sobre todas as cousas o templo de Deus. De aí que, cando os homes do Románico tiveron que levantar os templos de Deus na terra, o fixeran a semellanza do corpo humano. O presbiterio, onde se encontra o altar, equivalería á cabeza, o cruceiro aos brazos e mans e o resto sería o que quedaba do corpo. E así se recollía na Guía do Peregrino de Santiago de Compostela, c. 1140. Polo tanto os templos son microcosmos, imaxes da orde universal, do macrocosmos.

Fonte: Sureda, Joan. Historia universal del arte (tomo IV), La Edad Media, Románico/Gótico, Barcelona: Editorial Planeta, 1990
1004_FrescoSCBandeAdrián_Estévez.jpg
04. Pantocrátor23 vistasFresco de Santa Comba de Bande.
Foto de Adrián Estévez.
1005_San_Clemente_de_Taull.JPG
05. Pantocrátor de San Clemente de Taüll22 vistasDetalle de pintura mural; 1123.
Ábside da igrexa de Sant Climent, Taüll (Lleida).
Atópase no Museo de Arte de Cataluña (Barcelona).

Cristo preséntase maxestuosamente (Maiestas Domini) para xulgar os seres humanos e dar fe da grandeza divina. A súa imaxe desmesuradamente grande é símbolo do absoluto, de aquilo que contén en si o principio e a fin, o alfa e o omega.
1006_SANTA_MARÍA_DE_TAULL_-ÁBSIDE__ROMÁNICO.jpg
06. Maiestas Mariae. A Virxe Nai de Deus19 vistasÁbside románico de Santa María de Taüll (Lleida).
Atópase no Museo de Arte de Cataluña (Barcelona).

María supoñía a sublimación da muller medieval. Foi considerada a anti-Eva, é dicir, a antimuller que, coa súa virxindade, abríu o camiño da redención da humanidade.
1007_virxe_maria.jpg
07. Maiestas Mariae. A Virxe Nai de Deus19 vistas
1008_Eva_recostada__Dintel_da_porta_norte_da_catedral_de_Saint-Lazare.jpg
08. Eva recostada22 vistasRelevo en pedra; c. 1130.
Dintel da porta norte da catedral de Saint-Lazare.
Atópase en Autun, Museo Rolin.

Deus creou a Adán da arxila e da súa costela xurdiu o corpo de Eva.
Eva introduciu o pecado no mundo e foi a causa da súa morte. A súa creación resultou fatal para a humanidade.
Supón un perigo doméstico, pero tamén un perigo público (as bruxas).
1009_A_muller_e_o_pecado.jpg
09. A muller e o pecado24 vistasA muller foi cualificada por san Juan Crisóstomo de “mal necesario”, “tentación natural” e “perigo doméstico”.
“A beleza física non vai máis alá da pel. Se os homes visen o que hai debaixo da pel, a visión das mulleres causaríalles náuseas [...]. E se non podemos tocar coa punta dos dedos un esputo ou o esterco, como podemos desexar abrazar ese saco de excrementos?” Palabras de Odón, abade de Cluny .

Fonte: Historia Universal del Arte (volume IV), Barcelona: Planeta, 1990
1010_A_luxuria__Cripta_da_igrexa_de_Saint-Nicolas__Tavant,_Francia,_séc__XII.jpg
10. A luxuria40 vistasPintura mural do primeiro cuarto do s. XII.
Cripta da igrexa de Saint-Nicolas.
Tavant (Indre-et-Loire, Turena), Francia.
1011_A_expulsión_do_paraíso__Ermida_da_Vera_Cruz,_Maderuelo_(Segovia)__c__1125.jpg
11. A expulsión do paraíso31 vistasPintura mural; c. 1125.
Espazo superior da ermida da Vera Cruz.
Maderuelo (Segovia).
Atópase en Madrid, Museo do Prado.

A arte románica a través dos muros das igrexas e os capiteis das igrexas convértense no medio ideal para ensinar as sagradas escrituras a quen non sabe ler.
1012_Anunciación_aos_pastores.jpg
12. A anunciación aos pastores28 vistasPintura mural de principios do século XII.
Panteón dos Reis, colexiata de San Isidoro, León.
58 ficheiros en 5 páxina(s) 1