Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

01. Representación de Cristo como ave fénix
Ábside da igrexa de Sant Quirze.
Pedret, Barcelona, século X.

Representación de Cristo como ave fénix, que rexorde ao terceiro día das cinzas.
O círculo é a representación do macrocosmos circunscrito ao home perfecto, Cristo, ao home que extende os seus brazos (imaxe do Crucificado)

Na Idade Media, cada cousa creada era un símbolo por medio do cal Deus se daba a coñecer e, de entre todas as cousas creadas, o home era a que mellor reflectía a imaxe de Deus, pois modelou o home da arxila e fíxoo á súa imaxe e semellanza.
No século XII, o Home era unha alegoría do cosmos: era un microcosmos. A carne era comparada coa terra espesa, a pel co mar que cerca a terra, as veas eran os ríos, os ósos, as rochas e os cabelos da cabeza, as herbas dos prados, etc.
Ao longo da Idade Media, a perfección do humano en relación a Deus constituíu unha obsesión. San Agustín, santa Hildegarda, santo Tomás de Aquino, entre outros, consideraron ao Homo Quadratus como ideal de perfección, e a Cristo como o Homo Quadratus por excelencia. 

Fonte: Sureda, Joan. Historia universal del arte (tomo IV), La Edad Media, Románico/Gótico, Barcelona: Editorial Planeta, 1990

1010_A_luxuria__Cripta_da_igrexa_de_Saint-Nicolas__Tavant,_Francia,_séc__XII.jpg 1011_A_expulsión_do_paraíso__Ermida_da_Vera_Cruz,_Maderuelo_(Segovia)__c__1125.jpg 1001_Ábside_igrexa_Sant_Quirze,_Pedret,_Barcelona_séc__X.jpg 1020_San_Juan_Bautista_de_Villanueva.jpg 1012_Anunciación_aos_pastores.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)