Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

04. Padrón. A casa da rúa do Sol
Con catro anos de idade Rosalía de Castro está vivindo xa coa nai e a madriña en Padrón, segundo consta na documentación descuberta por Manuel Pérez Grueiro, bibliotecario do Concello de Neda (A Coruña). 

Rosalía vive en Padrón nesta casa da rúa do Sol polo menos seis anos,  entre 1841 e 1847.

Padrón era naquel tempo unha vila próspera, con tantos  habitantes coma hoxe en día, preto dos nove mil, mentres que Pontevedra naquela altura rexistraba só 4.141 habitantes, Vigo 6.742 e Ourense 5.490. (María Xesús Lama, 2017)

Rosalía foi á escola en Padrón, que, a diferenza doutras vilas, xa tiña unha escola para nenas sufragada polo concello na que se impartían os estudos primarios ata os nove anos. 

Aínda que se sabe que tivo problemas de saúde por un sarampelo mal curado, as lembranzas da infancia da poeta están cheas de ledicia.

02_casa_infancia.JPG 03_Teresa_de_Castro.jpeg 04_padron.jpg 05_santiago_a_finais_do_seculo_XIX.jpg 06_rosalia_adolescente.jpg
Puntuar este ficheiro (Aínda non votado)