Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

00. Rosalía de Castro
Rosalía de Castro é a autora galega máis universal e máis traducida das nosas letras, pero, aínda que pareza paradóxico, segue a ser unha gran descoñecida.

Afortunadamente, nas últimas décadas o traballo riguroso de diversos investigadores está permitindo aclarar algúns datos para recuperar unha imaxe da autora distanciada dos tópicos manexados na fase inicial.

"Rosalía de Castro constitúe un caso excepcional como personaxe debido á peculiar situación en que hai que afrontar a súa biografía, a partir de escasos datos obxectivos, pois foron destruídos ou esquecidos e, en cambio, abundantes invencións perfectamente elaboradas." (María Xesús Lama 2017)

Despois da súa morte difundiuse unha imaxe estereotipada da autora que chegou ata os nosos días, ocultando a Rosalía independente e librepensadora que se manifesta na súa obra en verso e prosa. 

"Rosalía tiña un carácter forte e a súa bondade e xenerosidade non impedían que reaccionase con violencia cando se sentía atacada ou o eran aqueles a quen ela estimaba. Basta ler os seus versos. Poemas como “Castellanos de Castilla” ou “A xustiza pola man” demostran a fortaleza do seu carácter.” (Marina Mayoral)

00-Rosalia.jpg 01_casa_onde_naceu_1837.JPG 02_casa_infancia.JPG 03_Teresa_de_Castro.jpeg 04_padron.jpg
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 1.9 / 5 con 55 votos)