Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

37. TUMBA DE PONDAL NO CEMITERIO DE SAN AMARO
O enterro, de primeira clase e sufragado polo Concello, constituíu unha mostra de fervor institucional e popular. Presidírono as autoridades municipais en pleno co alcalde, Manuel Casás, á cabeza e os gardas municipais en uniforme de gala, xunto con representacións da Deputación Provincial, da familia e da Academia. Na comitiva ían comisións en representación de case todas as institucións coruñesas, públicas e privadas, que ademais enloitaron as súas sedes. Ao paso do coche fúnebre ían cerrando as portas e escaparates todos os establecementos comerciais e bancarios, seguindo as recomendacións municipais, no medio dunha multitude expectante. No cemiterio de San Amaro falaron o Alcalde e, en galego, Lugrís. No final cantouse o Himno.

Estas pompas fúnebres contrastan co case inmediato abandono da tumba por parte da familia, duramente criticado polas Irmandades.

35_rua_hotel_la_luguesa.jpg 36_rua_hotel_la_luguesa_actual.JPG 37_tumba_pondal~0.JPG 38_sinatura.jpg 39_manuscrito_pondal.jpg
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.2 / 5 con 5 votos)