Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

16. RETRATO DE PONDAL EN 1859
É de supor que, tal e como reflicte unha boa parte das súas primeiras composicións, estivese interesado en procurar relacións de carácter amoroso. Aínda que morrese solteiro, ao longo da súa biografía existen numerosos testemuños de relacións con mulleres diversas. A visión idealizada da muller que ofrece nos poemas primeiros en español contrasta extraordinariamente coa máis crúa da maioría dos textos de madureza centrados na relación erótica, nos que a idea dominante é o asoballamento  e a violación, idea que alternará na súa obra en galego coa imaxe idealizada das guerreiras virxes celtas, as fadas (mouras na mitoloxía galega) e as freiras.

14_murguia_novo.jpg 15_Rosalia_Santiago_1855.jpg 16_pondal_1859.jpg 17_titulo_medicina.jpg 18_pondal_1862.jpg
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.3 / 5 con 10 votos)