Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade

Un curso máis o IES Beade toma parte no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2022/2023, desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Este programa responde a unha das principais liñas de actuación que rexen as actuacións deste centro, como é o impulso da educación en valores e a importancia da prevención e información como elementos fundamentais para a mellora da sociedade. 

A proposta de actividades deste ano está enfocada en aspectos tan relevantes como o acoso escolar, impartida para todo 1º ESO e os riscos asociados ao uso das redes sociais, para todo 2º ESO.