AVISO: O 13 de outubro non é día lectivo

Os días 12 e 13 de outubro non haberá clases

Listaxe dos libros de lectura obrigada para as materias de Lingua Galega e Lingua Castelá

Nos documentos adxuntos figuran as lecturas obrigadas por cursos e trimestres para as materias de Lingua Galega e Lingua Castelá

Calendario das reunións entre as familias e os titores de cada grupo

Estimadas familias,

No documento anexado atoparán a información sobre as reunións cos titores dos seus fillos e máis a dirección do centro.

Un cordial saúdo

Inicio do curso 2023-24

O inicio do curso é o luns día 11 de setembro no horario habitual (das 8:20 ás 14:00).

A presentación farase durante a 1ª hora de clase, do seguinte xeito:

Información para 2° bacharelato

Probas de acceso á universidade-ABAU 2023. Toda a información no sitio web da CIUG. Información para o pago das taxas do título de bacharelato e un modelo cos códigos nos PDF adxuntos.

ABAU 2023-Antía López Salgado

Parabéns a todo o alumnado do noso centro que superou a ABAU, que foi o 100% dos presentados. Mención especial a Antía López salgado, premiada por ter un dos mellores expedientes de bacharelato de Galicia.

Calendario curso 2023-24 e desenvolvemento ESO-bac.

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Libros de texto curso 2023-2024

Publicadas as listaxes de libros de texto para o curso 2023-2024. Podes descargalas tamén desde a ligazón descargas. Que teñades un feliz verán!

Adiviñas matemáticas do proxecto eTwinning EnigMath

Nesta presentación tedes a colección de acertixos matemáticos seleccionada polo alumnado de 4º ESO-B no proxecto eTwinning Enigmath, en colaboración con colexio grego.

 

O IES de Beade en FAROEDUCA

"A finais do curso escolar 2022/2023, coma tódolos anos, o IES de Beade fai a súa exposición dos proxectos que se desenvolveron ao longo de todo o ano por parte de diferentes seminarios e departamentos. Un momentiño onde os estudantes poden ensinar e disfrutar do traballo realizado durante todo o ano, que non foi pouco!"

Devolución Libros de texto beneficiarios FondoLibros

Información para que os beneficiarios do Fondo Solidario de libros de Texto (FondoLibros) devolvan, se procede, os libros de texto ao centro.

FondoLibros 1º-3º ESO

Vídeo do proxecto Máscaras de Entroido

Proxecto realizado polo alumnado de Debuxo Artístico I (1º Bacharelato) xunto co de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º ESO e 1º ESO bilingüe. Textos e cartelería a cargo do alumnado de 3º ESO PDC. Colaboran: Departamento de Debuxo, Club de Ciencias, Proyecto Erasmus+ e Equipo de Dinamización da Língua Galega do IES de Beade de Vigo. Curso 2022-2023.

Axudas municipais: libros, material escolar e comedor-2023-24

O Concello de Vigo abriu o prazo para as solicitudes de AMES 2023-2024 (Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil, segunda etapa, e educación primaria e secundaria).

Calendario materias pendentes 1º bac.

Xa podes consultar o calendario de exames de materias pendentes de 1º de bacharelato do curso 2022-23

Calendario materias pendentes 1º bac.

Axudas FondoLibros

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24. Toda a información en Fondo libros

Achégase:

Distribuir contido