Procedemento de reserva de admisión de alumnado 2024-2025

a) Normativa reguladora do procedemento:

 

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

 

 

b) Prazo de presentación das solicitudes de reservas: 15 de xaneiro ao 4 febreiro para os  centros adscritos.

 

c) Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro

 

d) Postos ofertados en cada nivel e etapa. pdf adxunto

 

e) Prazo de presentación das solicitudes de admisión. 1 de marzo a 20 de marzo

 

f) Nota informativa:

 

 

 

Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

 

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

 

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

 

 

 

g) Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados. 25 abril

 

h) Data de publicación da listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido e non admitido e prazo para formular reclamación.

 

i) Prazo para formalizar a matrícula. 23 de xuño ao 7 de xullo

 

k) Centros que ten adscritos e adscrición do centro a outro ou outros, se é o caso. CEIP COUTADA-BEADE, CEIP SÁRDOMA-MOLEDO, CEIP OTERO PEDRAYO

 

l) Área de influencia do centro en cada unha das ensinanzas impartidas e áreas limítrofes. pdf adxunto a este correo: Zonas Bacharelato pdf e Zonas ESO pdf (pdf adxunto)

 

m) Servizos complementarios que ofreza o centro, identificando a normativa concreta que os regule. Transporte escolar, para alumnado que estea na área de influencia que lle corresponda e vivir a máis de 2 km, só para alumnado da ESO.Instrucción 2023 enlace:Instrucion_1-2023_de_transporte_de_escolares.pdf (xunta.gal)

 

n) Así mesmo, incluirá a referencia a que a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tiver.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
prazos do proceso de admisión 24-25.pdf91.3 KB
Postos ofertados en cada nivel e etapa.pdf44.23 KB
ZONAS ESO.pdf144.37 KB
ZONAS BACHARELATO.pdf114.16 KB