CONVOCATORIA DE SETEMBRO. PARA O ALUMNADO DE 2º ESO, 3º ESO e PMAR

 

 

O alumnado de 2º e 3º ESO e PMAR coa materia de música suspensa terá que presentarse en setembro a un EXAME ESCRITO e interpretar UNHA PEZA COA FRAUTA.

Os contidos que entran no exame son os seguintes:

 

2º ESO:

 

-Nome das NOTAS.

-Recoñecer os elementos do pentagrama: clave de sol, compás, liñas divisorias, dobre barra final.

-Os compases de 2/4, 3/4 e 4/4.

-Nome e duración das FIGURAS musicais.

-Os SIGNOS DE REPETICIÓN (dobre barra con dous puntos e 1ª e 2ª vez)

-OS INSTRUMENTOS DE CORDA FRETADA: violín, viola, violonchelo e contrabaixo.

-O SON: definición, elementos necesarios para que haxa son, calidades do son.

 

Repasade as fichas de exercicios que fixemos durante o curso. 

Ademais do exame escrito, teredes que interpretar unha peza coa frauta. Elexide UNHA das partituras que traballamos durante o curso.

Podedes enviarme un VÍDEO coa vosa interpretación antes do día do exame. A outra opción é tocar a peza o día do exame, ao rematar a proba escrita. Nese caso non podedes esquecervos da frauta.

 

 

3º ESO: 

 

Os contidos que entran no exame son os seguintes:

 

-Os periodos da historia da música en orde cronolóxica.

-Diferencias entre a música relixiosa e a música profana da Idade Media: onde se interpreta, que función ten, idioma, textura, timbre, quen a compón, quen a interpreta.

-O Pórtico da Gloria: onde está, cando se fixo, quen o fixo, que representa, que importancia ten para a historia da música.

-Diferencias entre os trobadores e os xograres. Nome dalgún trobadores.

-As miniaturas.

 

Ademais do exame escrito, teredes que interpretar unha peza coa frauta. Elexide UNHA das partituras que traballamos durante o curso.

Podedes enviarme un VÍDEO coa vosa interpretación antes do día do exame. A outra opción é tocar a peza o día do exame, ao rematar a proba escrita. Nese caso non podedes esquecervos da frauta.

 

Se tedes algunha dúbida podedes contactar comigo a través de Edmodo ou escribíndome ao seguinte enderezo: africamusicaESO@gmail.com