2ºESO - GUÍA PREPARACIÓN EXAME DE SETEMBRO 2020, INGLÉS

GUÍA PREPARACIÓN DA MATERIA PARA A CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO 

Para prepararte cara ao exame de recuperación de setembro, recorda que no exame entra a materia dada ao longo do curso, do tema 1 ao tema 6, ámbolos dous incluídos. O exame, por limitación de tempo, soamente constará dunha proba de lectura e exercicios de gramática e vocabulario

Organiza o teu traballo ao longo do verán e non o deixes para os últimos días. 

-         Recorda que para asimilar ben os contidos (tanto gramaticais coma léxicos), o ideal é traballar tema por tema, dedicarlle o tempo necesario, poñer interese e esforzarse.

-         Antes de facer exercicios para practicar, repasa a gramática e estudia o vocabulario. Tes cadros e resumos da gramática no WORKBOOK, páxinas 98 a 108, e o vocabulario traducido ao castelán nas páxinas 83, 84, 85 e 86. Tamén podes encontrar en youtube moitos vídeos explicativos que de seguro serán moi útiles.

-         Non esquezas estudiar ben os verbos irregulares.

-         Podes facer os exercicios adxuntos a esta páxina. Tamén podes volver facer tódolos exercicios que fixemos ao longo do curso, tanto durante o tempo de clases presenciais como despois, tapando as respostas e despois corrixíndote a ti mesmo. Para mais práctica podes utilizar a páxina de Burlington, (https://webbook.burlingtonbooks.com/Login),  utilizando o código de acceso que che din cando empezou o confinamiento.

-        

O exame, por limitación de tempo, soamente constará dunha proba de lectura e exercicios de gramática e vocabulario

AdxuntoTamaño
SEPT 2 ESO INGLÉS. Indicaciones + ejercicios de repaso.pdf2.38 MB