TAREFAS E ACTIVIDADES PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

 

TAREFAS E ACTIVIDADES PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

 

-Durante o terceiro trimestre os alumnos con algunha avaliación suspensa de ESO e 1º de Bacharelato, deberán realizar e entregar tarefas de recuperación segundo o calendario adxunto.

Os alumnos de 2º de Bacharelato repasarán co material posto á súa disposición durante o curso.

Ao final de cada quincena farán e entregarán nun tempo limitado un control on- line.

-Os alumnos coa avaliación aprobada correspondente a cada quincena dedicada ao repaso, farán actividades de autocorrección de ampliación de materia que serán entregadas para que os profesores teñan en conta o seu seguimento, e co fin de poder ter en conta ditas tarefas na cualificación global ao final de curso.

-Os alumnos coa materia de FQ pendente farán e entregarán tarefas de repaso da 2º parte da materia e posteriormente da primeira se a tivesen suspensa, en previsión de que non se poidan efectuar probas presenciais máis adiante.

-En xuño haberá a posibilidade dunha semana de repaso global cun control final de suficiencia para os alumnos que non suspendesen as recuperacións. Este control, en principio, sería tamén on- line.

 

ABRIL

 

Semana 20-24

Repaso da 2ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 24 antes das 12 h .

Os alumnos coa 2ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 24 antes das 12 h.

Semana 27-30

Repaso da 2ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 1 de maio antes das 12 h

Os alumnos coa 2ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 1 de maio antes das 12 h.

MAIO

 

Semana 4-8

Semana de repaso para o control de recuperación da 2ª avaliación que se fará o venres 8 de maio ás 11 h para 2º, 3º e 4º de ESO e para 1º e 2º de BAC.

Os alumnos de 2º de ESO coa 2ª avaliación aprobada farán un control de cinemática no seu lugar para afianzar coñecementos .

O resto dos alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de BAC coa segunda avaliación aprobada, farán actividades de ampliación de contidos. Os alumnos coa materia de FQ pendente, entregarán o venres 8 de maio as tarefas de repaso da 2ª parte antes das 12 h.

Semana 11-15

Repaso da 1ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 15 antes das 12 h

Os alumnos coa 2ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 15 antes das 12 h.

Semana 18-22

Repaso da 1ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 22 antes das 12 h

Os alumnos coa 1ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 22 antes das 12 h.

Semana 25-29

Semana de repaso para o control de recuperación da 1ª avaliación que se fará o venres 29 de maio ás 11 h para 2º, 3º e 4º de ESO e para 1º e 2º de BAC.

O resto dos alumnos de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de BAC coa primeira avaliación aprobada, farán actividades de ampliación de contidos.

Os alumnos coa 1ª parte da materia de FQ pendente entregarán o venres 29 de maio as tarefas de repaso antes das 12 h.

XUÑO

 

Semana 1-5

Repaso da primeira e segunda avaliación para os alumnos con avaliacións suspensas.

Actividades de ampliación para o resto

Semana 8-12

Actividades de ampliación e proba final o 12 de xuño para os alumnos con avaliacións suspensas, incluídos pendentes.