PROGRAMA DE TELETRABALLO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. Corentena.16 Marzo 2020. Para o alumnado da profesora Paula Fernández Bañuelos
PROGRAMA DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. TELETRABALLO. 16 MARZO 2020
Paula Fernández Bañuelos. Niveis: 1º ESO A,B,C,D, 2º ESO C, 1º Bach. B. >>-BLOG DE AULA: https://sucedeokesei.blogspot.com/
>>-MEDIOS PARA SEGUIR AS PAUTAS DE TRABALLO:
-BLOG DE AULA: https://sucedeokesei.blogspot.com/
-COMENTARIOS DE ALUMNOS E PROFESORA EN CADA ENTRADA DO BLOG. (poden facerse ao final de cada post (entrada) de cada tema).
-CORREO-e: sucedeokesei@gmail.com
-De ser necesario, se poderían usar outras canles, pero se considera que éstas son suficientes.
-Enlace ao blog dende a páxina web do IES Beade.
>>-PAUTAS DE TRABALLO A SEGUIR:
-Alumnas/os e profesora respectarán o HORARIO lectivo habitual establecido para a asignatura de Xeografía e Historia cada día da semana con cada grupo.
-Nesas horas a profesora estará pendente e dispoñible para facer indicacións e atender calquera comentario no blog ou a través do correo-e que as alumnas e alumnos envíen con dúbidas e preguntas.
-Nesas horas estaremos traballando, cada un na súa casa, nesta asignatura.
-Deste xeito axudamos a organizar o plan de estudo que cada alumno/a ten que realizar cada día coincidindo coas horas desta asignatura.
-A alumnado debe levar o traballo ao día e seguir as pautas dadas pola profesora.
-A profesora irá colgando a información necesaria no blog: sucedeokesei.blogspot.com
-O alumnado xa coñece este blog, porque é o que seguimos na aula cada día, e saben como está organizado para poder consultalo, traballar cos recursos colgados e facer un bo uso del.
-Cada tema ten entradas (post) específicas, que se localizan a través das etiquetas (tag) que constan na columna lateral dereita do blog, onde só teñen que clikar na etiqueta relacionada co tema que estamos a estudar. Neste caso, en 1º da ESO sería a etiqueta Roma; en 2º ESO serían as etiquetas referidas ao Islam, musulmáns, arte musulmá, reinos cristiáns, reconquista; en 1º Bach serían as etiquetas referidas á crise do 29, entreguerras, fascismo, nacismo, etc.
-Lembrade que os grupos de 1º e 2º ESO, tedes que ter xa feitos os mapas físico e político de África e facer viaxes ou itinerarios por eles para aprender a situar os lugares. Repasar os mapas anteriores xa feitos e avaliados.
>-1º ESO-A.B.C.D. tarefas: Tema 5:ROMA
-Primeiro adicádevos a estudar ben: lectura comprensiva, resumos e esquemas os apartados que xa quedaron explicados e lembrádevos de ir definindo paralelamente os conceptos importantes do tema.
-Despois facedes o mesmo proceso co resto dos apartados do tema de Roma.
-Para reforzar a aprendizaxe, facer as actividades seguintes ao longo destes días:
-páx. 97, actv. 8, 10, 11, 12
-páx.99, actv. da 15 á 20.
-facer a pirámide da sociedade romana, seguindo o apartado 4- A SOCIEDADE. que xa ten que estar estudado.
-páx. 103, actv. da 28 á 32.
-páx. 105, actv. 36, 38, 39.
-De prolongarse a corentena, empezariamos a estudar o esencial do Tema 6: HISPANIA ROMANA, a través de resumos, vocabulario e esquemas: 1-pobos prerromanos, 2-pobos colonizadores, 3-conquista de Hispania.
-Para complementar o estudo sabedes que tedes no blog: presentacións de diapositivas, vídeos, enlaces a varios filmes, xogos de Mitoloxía, etc. que vos axudarán a entender perfectamente o tema.
>- 2º ESO-C. tarefas: Tema 5: AL-ÁNDALUS e Tema 6: REINOS CRISTIÁNS.
-Primeiro adicádevos a estudar ben: lectura comprensiva, resumos e esquemas os apartados que xa quedaron explicados e lembrádevos de ir definindo paralelamente os conceptos importantes do tema.
-Despois facedes o mesmo proceso co resto dos apartados do tema de Al-Ándalus e despois do tema 6 sobre os Reinos Cristiáns (cuxo resumo do que hai que saber xa está colgado no blog).
-Para reforzar a aprendizaxe, facer as actividades seguintes ao longo destes días:
-liñas do tempo: as etapas da historia de Al-Ándalus, comparadas coas liñas do tempo dos Reinos Cristiáns, na mesma folla. Están nas páxs. 123, 141, 142 do libro.
-estudo do punto 3- A VIDA EN AL-ÁNDALUS.
-estudo do punto 4- ARTE E CULTURA EN AL-ÁNDALUS: Mesquita de Córdoba e Alhambra de Granada.
-páx. 130, actv. 8, 10, 12-
-para o tema 6, REINOS CRISTIÁNS seguir o resumo colgado no blog e estudar con máis profundidade o apartado 10: GALICIA NA IDADE MEDIA e O CAMIÑO DE SANTIAGO nas páxs 164 e 165 do libro.
-Para complementar o estudo sabedes que tedes no blog: presentacións de diapositivas, vídeos, etc. que vos axudarán a entender perfectamente o tema.
>-1º BACHARELATO-B. tarefas: Tema 8: RECONSTRUCIÓN, PROSPERIDADE E CRISE.
-Primeiro adicádevos a estudar ben: lectura comprensiva, resumos e esquemas os apartados que xa quedaron explicados e lembrádevos de ir definindo paralelamente os conceptos importantes do tema.
-Despois facedes o mesmo proceso co resto dos apartados do tema.
-Para reforzar a aprendizaxe, facer as actividades seguintes ao longo destes días:
-liña do tempo: indicando os feitos máis salientables deste período de Entreguerras.
-textos recomendados para ler e comentar: 5, 7, 10, 11, 13.
-De prolongarse a corentena, empezariamos a estudar o Tema 9: DEMOCRACIAS E FASCISMOS.
-Para complementar o estudo sabedes que tedes no blog: presentacións de diapositivas, vídeos, enlaces a filmes, etc. que vos axudarán a entender perfectamente o tema.