Libros de texto 2020-2021

Publicadas as listaxes de libros de texto de ESO e BAC ordenadas por curso para o próximo ano académico 2020-2021.

Visita a páxina de descargas

Devolución de libros de texto

Calendario e horario de devolución de libros de texto de materias aprobadas na avaliación final de xuño:

Horario: 9:00 a 13:00

1º ESO: xoves 2 de xullo

2º ESO: venres 3 de xullo

3º ESO: luns 6 de xullo

4º ESO: martes 7 de xullo

Novo proxecto eTwinning

O noso instituto participa nun novo proxecto eTwinning titulado "Life scales project". Podedes ir directamente desde esta ligazón:

https://twinspace.etwinning.net/91809/

 

Calendarios fin de curso

Publicados os calendarios de fin de curso: un para 2º de bacharelato e outro para ESO e 1º de bacharelato.

Calendario fin de curso 2º bach.

Listaxe provisional admitidos curso 2020-2021

Publicamos a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020-2021. Lembrar que, como quedan prazas vacantes, non é necesario baremar. Polo tanto non se necesita achegar máis documentación nin facer nada ata o momento de formalizar a matrícula.

Programacións didácticas adaptadas-Curso 2019-2020

Publicamos as programacións didácticas de todas as materias, adaptadas ás circunstancias especiais nas que atopa o ensino debido á pandemia COVID-19.

Programacións didácticas adaptadas

ABAU 2020

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á unive

Avaliación de materias pendentes

Publicados os novos calendarios, actividades e probas para o alumnado con materias pendentes de cursos anteriores. Visita a páxina de descargas e infórmate.

Descargas

Instrucións 3º trimestre

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

28 de abril: Día da Educación Física na Casa

 O 28 de abril segue a ser o día de educación física na rúa. Este ano, debido ás especiais circunstancias, cambiamos a rúa pola casa. Participa. Na ligazón que segue tes toda a información.

Día da educación Física na Casa

CRAS: Cadro resumo actividades semanais

Publicamos o primeiro CRAS, que corresponde ás actividades desta semana. Atentos porque todas as semanas publicaremos o seu CRAS.

Trátase de táboas semanais que conteñen as tarefas asignadas a cada grupo por materias. 

Información sobre a 3ª avaliación

A partir da semana que vén imos instaurar un novo método de traballo para afrontar o 3º trimestre do presente curso.

As familias ides recibir a través da aplicación ABALAR, todos os luns, unha mensaxe na que se incluirá un enlace que vos permitirá acceder a un cadro-resumo das actividades semanais, datas de entrega e medio de comunicación de cada materia. 

Comunicado do 13 de abril de 2020 da Consellería de educación

Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre

Comunicado

O Departamento de Tecnoloxía colabora na fabricación de viseiras de protección para o persoal sanitario

O IES de Beade, a través do Departamento de Tecnoloxía, está a colaborar na fabricación de viseiras de proteción para o persoal sanitario. Como sabedes, temos no instituto unha impresora 3D, coa que algúns alumnos xa tedes traballado, e, desde hai uns días, estamos a usala para este cometido.

Distribuir contido