blog deadmin

Ledicia Costas

Os nosos parabéns a Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura 2015.

Calendario escolar 2015-16

Publicado o calendario escolar oficial para o curso actual. Xa podes, se queres, descargalo e imprimilo.

Calendario escolar 15-16

Campaña ASPACE

Colaboramos na campaña de ASPACE

Presentación curso 2015-2016

O martes 15 de setembro farase a presentación do curso 2015-2016.

Os autobuses pasarán polas paradas 3 horas máis tarde do seu horario habitual durante o curso e sairán do instituto ás 14:00.

O mércores 16 comezarán as clases no seu horario habitual.

Axudas material escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria das axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en

Libros de texto curso 2015-2016

Listaxe de libros de texto de ESO e BACHARELATO para o curso 2015-2016

Os libros de texto que aparecen resaltados en amarelo son cambios respecto ao curso anterior

Libros de texto 15-16

Listaxes admitidos/excluídos libros de texto e fondo de libros

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do fondo de libros.

Na listaxe de admitidos, nas observacións, aparece o alumnado que aínda ten os libros sen devolver, xa sexa porque teñen materias pendentes para setembro ou non os devolveron por outro motivo.

Formulario matrícula 1º Bach.

Publicado o formulario de matrícula de 1º de bach.

IMPORTANTE: se te matriculaches cubrindo o formulario provisional, tes que pasar polo instituto para entregar ou cubrir este formulario completo.

O formulario de 1º de bacharelato ten dúas páxinas, unha para cada modalidade. Só é necesario presentar o da modalidade que se quere cursar.

Calendario setembro 2015

MARTES 1 e MÉRCORES 2: exames ESO, bac. e alumnado con materias pendentes.

XOVES 3: 11.00 h.: entrega notas 2º bac. Reclamacións ata as 14.00 h. do venres 4.

Folla voandeira 2015

Publicada a Folla voandeira do ENDL

Vai sobre as consecuencias da superpoboación mundial e unhas reseñas de alumnos que participaron nas bibliotecas viventes.

Folla voandeira 2015

Puntuacións concurso cafetería

Puntuacións do concurso para a xestión da cafetería do centro durante o curso 2015-16

Táboa de puntuacións

Sotavento 2015

Publicamos a 5ª e última parte de Sotavento 2015 e ademais a edición completa. A gran obra mestra de Carlos Cifuentes.

Sotavento 2015-5ª parte

Obra completa

Axudas libros de texto curso 2015-1016

As axudas de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016 levaranse a cabo mediante dous procedementos: axudas para a adquisición de libros de texto (única e exclusivamente para 1º e 3º de ESO. Procedemento ED330B) e fondo solidario de libros de texto (única e exclusivamente para 2º e 4º de ESO. Procedemento ED330D).

Devolución libros de texto

Comunicación da obriga de devolver os libros de texto mercados ao abeiro do programa de axudas de libros de texto da Xunta de Galicia do curso 2014/2015.

Información

Distribuir contido