Bo día,

 

Agradecemos a difusión deste obradoiro que organizamos dende o CIM de Arzúa (Adxuntamos cartaz do obradoiro).

 

A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, organiza xunto a Quérote+ un obradoiro dirixido a familias con menores a cargo sobre educación emocional e sexual na familia.

 

Este obradoiro ten como finalidade crear un  espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no  desenvolvemento dos seus fillos e fillas. Neste obradoiro centrarémonos na educación emocional e sexual desde a casa.

 

Os obxectivos do obradoiro son:

 

·         Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor.

·         Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.

·         Construír ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas

 

O obradoiro realizarase o martes 2 de abril en horario de 16:30 a 18:00 na Casa das Mulleres (Rúa San Vicente s/n).

 

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, chamando ao 981 501 101 ou nesta ligazón.

 

As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 1 de abril.

Diseño