20/01/2020 09:40
20/01/2020 10:30

Dentro do Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lévase a cabo a charla divulgativa "Cambio climático, mitos, lendas e ciencia" impartida por Jose Antonio Rodríguez Añón.

O obxectivo desta charla é a difusión científica no alumnado de 4º da ESO e concretamente ten como eixo principal os dez "comentarios" máis habituais que se están a manexar para así descartar os falsos mitos sobre o cambio climático.