IES Arcebispo Xelmírez II
Publicado en IES Arcebispo Xelmírez II (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesarcebispoxelmirez2)


Convocatorias abertas

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos. Ábrese o 15 de marzo
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/22. O prazo de solicitudes de reserva para centros adscritos abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021 (pechado), ambos incluídos. O prazo de admisión en centros non adscritos será do 1 ao 22 de marzo.

Admisión alumnado 2021/2022

25/02/2021 10:39

Iníciase o prazo para solicitar admisión en centros para o curso 2021/2022

* Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 22 de marzo (Orde do 18 de decembro de 2020, D.O.G. 256, de 22 de decembro de 2020)

* Onde e como presentar a solicitude

Hai dúas opcións:

a) cubrir a solicitude informaticamente e asinala en sede electrónica

deberá acceder á aplicación admisionalumnado

CHARLA "EN PE CONTRA O ACOSO" PARA ALUMNADO DE 2º ESO

Xov, 11/03/2021 - 20:50

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2021

Ven, 12/02/2021 - 11:00

Achegamos a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos

Calendario

E chegou o entroido á biblioteca!!!

Xov, 11/02/2021 - 23:09

Cantas veces ó ler un libro nos sentimos protagonistas del? 

 

Por aí ven o Entroido achegándose á biblioteca

Lun, 18/01/2021 - 22:07

Concurso de fotografía: "Matemáticas en un clic"

Mar, 12/01/2021 - 17:10

Matemáticas nun clic

"Matemáticas en un clic" é un concurso estatal de fotografía matemática dirixido a estudantes da Ensinanza Secundaria Obrigatoria de todo o Estado español. Está organizado pola rede de divulgación Dima en colaboración con distintas asociacións de matemáticas e empresas, co apoio e colaboración de gran parte da comunidade matemática española. Para facilitar a participación do alumnado do noso centro, o departamento de Matemáticas organiza unha fase de centro.

Bases do concurso

Primeiro trimestre na biblioteca

Dom, 03/01/2021 - 00:40

Rematado o primeiro trimestre, desde o equipo da Biblioteca só nos queda desexar un ano 2021 cheo de novas ilusións, de novas e boas lecturas e moita saúde

 Aquí vos deixamos un resumo do que fixemos neste comezo de curso tan especial


 

Suxerenicas lectoras para o nadal desde a biblioteca

Mér, 23/12/2020 - 23:50

 

 

Concurso de postais de Nadal

Mar, 15/12/2020 - 14:21
  • CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL: Dende a biblioteca animámoste a participar no concurso de postais de Nadal, tes ata o día 11 de decembro.  AMPLIAMOS O PRAZO ATA O DÍA 17 DE DECEMBRO

Gañadores do concurso de relatos curtos de medo, 25 de novembro e concurso de postais de Nadal

Dom, 06/12/2020 - 21:09
  • 25 DE NOVEMBRO: Visita o noso blogue MAR AO NORDE, aí verás o resultado do noso muro en rexeitamento á violencia de xénero.      MAR AO NORDE (bibliotecaxelmirez2.blogspot.com)

 

  • CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE MEDO: Xa temos gañadores! 

                  

             

 

 

O IES Arcebispo Xelmírez II contra a violencia de xénero

Ven, 20/11/2020 - 21:01

Con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero, 25 de novembro,  dende o equipo da biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II  animamos a toda a comunidade educativa a crear un muro contra a violencia de xénero durante toda a semana. Cada un de nós aportará o seu ladrillo cunha mensaxe para deixar claro que rexeitamos calquer tipo de violencia (física, coacción, amenazas, ....) hacia a muller.



CARTEL DA ACTIVIDADE

Orde do 6 de novembro de 2020 que regula a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

16/11/2020 12:19
28/12/2020 00:00

Publicouse no DOG do 13 de novembro a orde do do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da consellería no curso 2020-2021. Trátase de máscaras hixiénicas reutilizables.

É beneficiario da axuda o alumnado que recibiu axuda para adquirir material escolar. Non ten que realizar agora ningún trámite.

O alumnado que non recibiu axuda para adquirir material escolar pode solicitar ser beneficiario do reparto de máscaras se cumpre algún dos seguintes criterios:

-ter unha renda per capita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal de 2018)

-estar matriculado en educación especial, estar baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda

A solicitude debe facerse presencialmente no centro. Os formularios poden descargalos aquí.

O prazo de solicitude remata o 27 de novembro.

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Lun, 09/11/2020 - 20:49

Mes da ciencia                           

 

 

 Con motivo do Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) as Bibliotecas celebramos o 

MES DA CIENCIA EN GALEGO.

 

 

  Na nosa Biblioteca Arcebispo Xelmírez II dispoñemos de libros e revistas de temática científica en galego. Non dubides en solicitalos. Aquí vos deixamos algúns de mostra:

2º Concurso de Relatos curtos de MEDO

Ven, 30/10/2020 - 21:16

A Biblioteca Arcebispo Xelmírez II convoca por 2º ano consecutivo o "Concurso de Relatos curtos de MEDO", anímate a participar enviando antes do 21 de novembro a túa composición.

Consulta aquí as bases para o concurso.     O xurado vai tremer de MEDO!!!!

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013

URL de Orixe (recibido en 11/04/2021 - 03:00): http://www.edu.xunta.gal/centros/iesarcebispoxelmirez2/node