Skip to Content

ENTROIDO 2023

Alumnado e profesorado do noso instituto meténdose na pel da xente das diferentes nacionalidades aquí representadas. Achegámonos aos símbolos máis característicos de Brasil, Venezuela, Xapón, Francia, Portugal e Inglaterra.

Por aulas traballamos a bandeira, a comida, o vestiario, o peiteado, os bailes e as tradicións do país asignado.

Probas de acceso a ciclos medios e superiores de FP 2023

Convocadas probas de acceso a ciclos medios e superiores de FP 2023: ORDE do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

 

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: Entre os días 27 febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: Entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

 

LIBROS DE TEXTO 2022/23

1º ESO
3º ESO
1º BACHARELATO

 

Os libros de 2º ESO, 4º ESO  e 2º  BACHARELATO non cambiaron

 Actualización: Libro Tecnoloxía 1º ESO (23/09/22)

    

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO 22/23

Prazo presentación solicitudes: 19/05/2022 - 22/06/2022 

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Toda a información publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.  (Consultar na Secretaría do centro)

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

As listaxes definitivas publicaranse o 22 de xullo de 2022 como data límite.

EXAMES SETEMBRO 2021

Datas e horas: enlace

 

Distribuir contido


by Dr. Radut