Anuario curso 2015-16

ANUARIO CURSO 2015-16

 
  • 20..25/06/2016
  • Obradoiro de creatividade 16.
  • O grupo alma-zen (obradoiro de creatividade) presentamos esta semana algúns dos traballos feitos ao longo do curso:  “branco/negro” e “nacemos”.
    En “branco/negro” creamos imaxes proxectadas pola sombra de montes de lixo.
    En “nacemos” representamos unha colmea humana onde medramos como larvas.
  • Alma-zen ven desenrolando a súa actividade dende xaneiro.  Intentamos crear dinámicas cooperativas, actitudes positivas e de respeto, favorecer a comunicación e a relación entre os membros do grupo e abrirnos aos demáis, e potenciar a nosa creatividade. E ademáis un laboratorio onde podemos experimentar e enriquecer despois a nosa experiencia noutras actividades e noutros grupos.
    No obradoiro de creatividade xogamos, bailamos, falamos, escribimos, compartimos, creamos,  divertímonos ...
  • Os componentes de  alma-zen:
    • Alba Rúa Montenegro.
    • Daniel Redondo Contreras.
    • Tristán Ledet Piñeiro.
    • Sabela Ledet Piñeiro.
    • María Ping Santomé Cancelas.
    • Daniel Calvar García
    • Bráis Riobó Soñora
    • María Urdampilleta Cruz
    • Lidia Nuñez Pena
    • Yaiza Portela Costa
    • Mirian Carrera Juncal
    • Marcos Coello Rodriguez
    • Benito Mariño Gil (dirixe o grupo)
  • En “nacemos” colaboraron con nós:
    • Paulino Fernández Durán (na fotografía).
    • Carmen Contreras Sebastián e Ana Celia Naval Bouzada (na organización).
    • Mónica Pérez Cortés (coa música).
  • Ver galería de fotos de "branco-negro".
  • Ver galería de fotos de "nacemos".
 
  • 09/05/2016
  • Presentación do vídeo "O carro" co poema de Manuel María.
  • O EDNL en colaboración coas titorías e o Departamento de Música e Galego e coa colaboración tamén de numerosos profesores que ensaiaron cos seus alumnos da ESO.
  • A primeira semana de maio gravouse e montouse o vídeo con fragmentos de cada clase de 1º a 4º da ESO coordinado por Carmen Pérez.
  • Ver vídeo. 

  • 11/06/2016
  • Novos éxitos en Taekwondo de DANIEL REDONDO CONTRERAS, MANUEL ALEJANDRO PAZ ROMERO e ÁLVARO PORTELA DIÉGUEZ.
  • Acadaron a Medalla de Ouro no Campionato de España que se celebrou o pasado sábado, 11 de xuño en Marina D'Or (Valencia).
  • Sentímonos moi orgullosos no centro dos resultados que acadaron e somos conscientes de que tiveron un duro ano de esforzo e traballo.
  • Tras estos resultados acudirán como representantes de España na modalidade de Trío Cadete ó Mundial de Taekwondo que se vai a celebrar en Lima (Perú), do 30 de setembro ó 3 de outubro. MOITA SORTE!!!
  • 21/06/2016
  • A partir das 12:20h, concerto final de curso e flash move.

 

  • 22/06/2016
  • Andaina final de curso pola ruta dos muiños.
  • Do 13 ao 16/06/2016
  • O alumnado de relixión realizará unha visita a Salamanca.
  • Visitarán varios lugares de interese da cidade e antes de voltar farán unha visita á Alberca.
  • Ver galería de fotos.
  • 13..17/06/2016
  • 31 alumnos/as de 4º da ESO visitarán Roma do 13 ao 17 de xuño na súa viaxe de fin de curso.
  • Do 02/06/2016 ás 00:00h ao 20/06/2016 ás 13:00h
  • Prazo de presentación de propostas para o servizo de cafetería do IES Plurilingüe A Paralaia.
  • Lugar de presentación: No rexistro de entrada da Secretaría do centro. O redondo s/n. 36950. Moaña.
  • Duración do contrato: Desde a data establecida na resolución de adxudicación que será de primeiros de xullo de 2016 ata o 30 de xuño de 2017.
  • Ampliar esta información.
  • 30/05 .. 02/06/2016
  • Visita do alumnado de 2º CM Mecanizado á 29ª Bienal de máquina y herramienta de Bilbao.
  • Ligazón ao álbum de fotos.
  • 18/05/2016
  • VISITA A CELANOVA, VILANOVA DAS INFANTAS E MUIÑOS.
  • O departamento de música, un ano máis, organizou esta actividade dirixida ao alumnado de 2º ESO.
  • O alumnado  participou nun concerto didáctico co órgano da igrexa de San Rosendo en Celanova; fixo un percorrido guiado polo mosteiro e a capela mozárabe de San Miguel; visitou a casa natal de Manuel Curros Enríquez.
  • Pola tardiña fixemos un percorrido literario por diferentes puntos da vila de Celanova, como na praza principal e na biblioteca do instituto,  lendo fragmentos literarios dos seus poetas máis ilustres como Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Despois coñecemos Vilanova dos Infantes, onde visitamos a torre medieval e o museo dos zapateiros que agocha a cova de San Vivián.
  • Pernoctamos no albergue O Corgo, en Muíños, que está ó carón do encoro as Cunchas. Algúns alumnos participaron nunha actividade de piragüismo ó día seguinte, e outros fixeron un roteiro de sendeirismo.
  • Ver galería de fotos.
  • Ver vídeo "Herba de namorar".
  • Ver vídeo "Lectura de poemas".
  • Ver vídeo "Más vale tocar".
  • Ver vídeo "Pasacorredoiras da Fonsagrada".
  • Ver vídeo "Tocata J. S. Bach".
  • 30/05/2016 a 02/06/2016
  • O alumnado de 1º e 2º do CM de Mecanizado visita a "29ª Bienal de Maquinaria y Herramientas" que ten lugar en Bilbao.
  • Ver galería de fotos.
  • 30/05/2016
  • O alumnado de 1º e 2º da ESO realizan unha visita didáctica ás Illas Cíes.
  • Organiza o Departamento de Educación Física.
  • Ver galería de fotos.

  • 27/05/2016
  • Acto de graduación curso 2015-16
  • A partir das 18:30h no pavillón do centro.
  • 52 alumnos e alumnas de Bacaharelato e Ciclos formativos de Formación profesional recibirán os diplomas de final de curso.
  • Agradecemos ós medios de comunicación a atención que poden prestar a un acto social que con tanta ilusión organiza o alumnado que remata os seus estudos neste centro.
  • Ver noticia Faro de Vigo.
  • Ver galería de fotos. (A galería xa está completa)
  • 25/05/2016
  • MEDALLA DE ORO EN EL OPEN DE ANDALUCIA TAEKWONDO
  • Os alumnos:
    Daniel Redondo Contreras, Manuel Alejandro Paz Romero y Alvaro Portela Diéguez conseguiron la medalla de Oro no OPEN DE ANDALUCÍA de Taekwondo.
  • Despois de varias competicións clasificatorias celebradas con anterioridade, atópanse situados  na primeira posición do ránking  para o Mundial de Taekwondo, modalidade Técnica, que se celebrará en Perú cara a finais de setembro deste ano.
  • Están a só un paso de representar a España no Mundial. Só queda un último esforzo no Campionato de España, que se celebrará en Valencia a fin de semana do 10 ao 12 de xuño.
  • Esperamos que poidan completar o seu éxito do ano pasado, cando asistiron ao Campionato de Europa, que se celebrou en Serbia!!!
  • 25/05/2016
  • Demostración de impresoras 3D por parte de ORBALLO PRINTING.
  • Dirixido ao seguinte alumnado en distintos turnos:
    • ESO Tecnoloxía.
    • Bacharelato tecnolóxico.
    • Ciclos medios de mecanizado e electricidade.
  • Organizado polos departamentos de Tecnoloxía e Metal.
  • Exposición da actividade:
    • No IES Plurilingüe A Paralaia, unha das especialidades de Formación profesional que se imparten é a de Mecanizado.
      Este ciclo de FP consiste basicamente na fabricación de pezas de metal a base de retirarlle ó tocho do que se parte, o material que lle sobra para a formación da peza.
      Un sistema de fabricación de pezas, aínda que de momento non estea tan desenvolvido para os metais, consiste en ir poñendo o material directamente por inxección mediante o que se deu en denominar xenericamente impresoras 3D, ata conseguir a conformación da paza que se desexa.
      Este sistema de fabricación non só permite realizar sofisticados obxectos en diferentes tipos de materiais, en particular os plásticos, senón que pode ser utilizado para a reprodución de pezas que previamente se poden escanear.
      Unha mostra do funcionamento deste tipo de impresoras, algunha das cales foi ensamblada por profesores do IES Plurilingüe A Paralaia, e outras que serán aportadas pola empresa Orballo Printing CB, que ten a súa sede en María de Berdiales 23 1º. VIGO. Vai ter lugar na Biblioteca “A Poza da Moura” deste IES o próximo mércores día 25 de maio a partir das 10:10 da mañá, en diferentes sesións que se prolongarán ata as 14 horas para os diferentes grupos de alumnado que cursa Ciclos de Mecanizado e a disciplina de Tecnoloxía.
      Agradecemos a difusión desta actividade e convidamos ós medios que estean interesados a visitar a demostración a calquera hora ó longo da mañá.
  • Ver noticia Faro de Vigo 25/05/2016.
  • 27/05/2016
  • Acto de graduación curso 2015-16
  • A partir das 18:30h no pavillón do centro.
  • 26/05/2016
  • Conferencia da profesora Paula Morais sobre o seu libro "Portugal sob a égide da ditadura. O rostro metamorfoseado das palavras", relativa aos mecanismos que os escritores utilizaban para burlar a censura salazarista.
  • Asistirá o alumnado de porgutués de 2º e 3º de ESO e de 1º bacharelato B (humanidades); tamén está convidado os profesorado que estea libre e que teña interese polo asunto
  • Departamentoo de Lingua Galega (sub secÇao Luso-Afro-Brasileira).
  • 20, 23 e 25/05/2016
  • Obradoiro de VÍNCULOS AMOROSOS.
  • Dirixido ao alumnado de 3º da ESO e impartido por Educadores Sociais.
  • Organiza o Departamento de Orientación.
  • 20 e 25/05/2016
  • Obradoiro sobre AUTONOMÍA E EMPODERAMENTO.
  • Dirixido ao alumnado de EBI.
  • Organiza o Departamento de Orientación.
  • 13/05/2016
  • Charla "CICLO DE ENSINANZAS DEPORTIVAS DE ATLETISMO" dirixida ao alumnado de 4º da ESO e organizada polo Departamento de Orientación.
  • 11/05/2016
  • Conferencia da escritora creadora da saga "Dragal" co alumnado de 1º da ESO e algúns que leron os seur libros.
  • 10/05/2016
  • Concurso "Poesía nas árbores".
  • Traballos colgados nos espazos exteriores do centro e na entrada frente a conserxería.
  • ANUNCIO "Deseñandoo teu futuro".
  • Casa da mocidade Concello de Moaña.
  • Programa dirixido á mocidade de entre 14 a 18 anos para que realicen estadías-visitas non
    remuneradas en empresas ou en entidades públicas e privadas, e lles facilite unha experiencia que
    complemente a súa formación, axudándolles a decidir a súa traxectoria formativa profesional e ó
    coñecemento da realidade laboral.
  • Ler máis.
  • Ata o 21/05/2016
  • CAMPUS DE PROFUNDIZACIÓN CIENTÍFICA en Soria para estudiantes de 4º da ESO.
  • O ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 80 axudas para participar no "CAMPUS DE PROFUNDIZACIÓN CIENTÍFICA" en Soria durante o mes de xullo.
  • Ir ao anuncio do BOE.
  • Ir ás bases reguladoras.
  • 13..16/06/2016
  • Actividade extraescolar "VISITA A SALAMANCA" do alumnado de relixión.
  • 12/05/2016
  • Presentación e proxección do vídeo VIVINDO EN GALEGO ! que se puxo en marcha e se coordinou dende o noso IES e que foi realizado por EDNL da Coordinadora de EDNL do Morrazo  coa colaboración de moitas persoas que quixeron dar o seu apoio ó uso do galego en todos os sectores da sociedade. O obxectivo é estimular ás e ós estudantes a empregalo  e ás familias a educar os nenos tamén en galego. Moitos profesionais prestaron a súa imaxe para este  vídeo enviando "vídeo-selfies" que nós montamos. 
  • A presentación e proxección deste vídeo farase no concello (o acto non será longo). A el asistirán algunhas das persoas que saen no vídeo e profesorado que participou na súa elaboración, ademáis de reperesentantes do concello.
  • A semana vindeira proxectarase tamén o vídeo gravado no noso centro con alumnos da ESO cantando "O carro" con poema de Manuel María.
  • Tamén se pode visualizar o vídeo en Youtube dende aquí.

 

  • 19, 23 e 25/05/2016
  • OBRADOIRO DE VÍNCULOS AMOROSOS.
  • O Departamento de Orientación programa esta actividade dirixida ao alumnado de 3º da ESO.
  • 05..12/05/2016
  • Intercambio de alumnos España-Francia.
  • En correspondencia coa acollida do conxunto de alumnos franceses que conviviron con familias de alumnos do centro e desenvolveron distintas actividades de tipo académico e cultural en España, un grupo de alumnos do centro viaxará á Bretaña francesa e convivirá coas familias do alumnado que nos visitou.
  • Alí tamén se realizarán as actividades previstas polo centro de ension francés, que inclúe visitas a Nantes, Rennes, Saint Maló e Saint Michel.
  • Ver galería de fotos.
  • 01 e 02/05/2016
  • O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1ºBACH asistirán como convidados nunha actividade Erasmus/Theia.
  • O lugar de realización será a Escola de Música do Perosinho (Vila Nova de Gaia), e consistirá na asistencia e participación nun concerto didáctico, e asistencia a unha serie de conferencias en inglés sobr eexperiencias innovadoras no ámbito das ciencias naturais.
  • Neses días, o alumnado convivirá con outros rapaces e rapazas de Tenerife, Eslovaquia, República Checa e Turquía.
  • Organizan os departamentos de Música, Inglés, Ciencias Naturais e Galego (Portugués).
  • Programa de mobilidade transnacional xuvenil
  • GALEUROPA 2016
  • Prácticas formativa non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.
  • Destinatarios: Persoas entre 18 e 30 anos non integradas no sistema educativo.

 

  • 25/04/2016
  • O alumnado de 1ºBac A e de 4º da ESO A, van realizar unha andaina desde o IES Plurilingüe A Paralaia ata a praia de Tirán.
  • A finalidade é ver as distintas especies de seres vivos que hai nas nosas costas, ver as alteracións humanas e os restos deixados nas praias e finalmente, se a marea nolo permite, remataremos na punta Niño do Cormvo onde observaremos a xeoloxía desta zona.
  • 22/04/2016
  • O alumnado de 2º de Bacharelato participará nunha charla sobre as PAU na sala de usos múltiples do centro.
  • 22/04/2016
  • Charla sobre o acceso á universidade a cargo dun responsable do SIOPE de Vigo.
  • Dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato e ao de 2º de Ciclos superiores.
  • 15..17/04/2016

  • Durante este fin de semana, celebrouseo o XIV OPEN INTERNACIONAL DE ESPAÑA, torneo de clase G1 no ranking da WFT, na localidade de Benicasims. No mesmo duas alumnas do noso centro lograron subir o podium deste importante torneo.
  • TANIA CASTIÑEIRA logrou a medalla de ouro no peso de +68 Kg.
  • MYRIAM GARCÍA logrou a medalla de prata no peso de -63 Kg.
  • ¡¡¡¡¡ PARABÉNS AS DUAS DEPORTISTAS POLOS ÉXITOS ACADADOS !!!!!!

 

  • No mesmo XIV OPEN INTERNACIONAL DE ESPAÑA , na especialidade de técnica o trio formado por DANIEL REDONDO, ALVARO PORTELA, e MANUEL PAZ ROMERO, conseguiu a medalla de prata con un valor de 10 puntos no ranking nacional de técnica.

  • ¡¡¡¡ PARABÉNS TAMÉN PARA ELES....!!!!
 
  •  18/04/2016
  • Cristina González Miranda, alumna de 2º da ESO do noso centro gañou o Concurso de vídeos da Asociación de profesores de francés de Galicia patrocinado pola embaixada francesa. O premio consiste nun curso dunha semana en Francia o próximo verán.
  • A comunicación oficial di o o seguinte:
    • Toute l'Équipe de Pilotage de l'APFG est ravie de te faire savoir que ton élève Cristina González a gagné le concours "De Galice à Antibes! 2016". Bravo!.
    • S'il te plaît, félicite-la de notre part et dis-lui que son mini-métrage a remporté un franc succès auprès du jury et que nous allons le diffuser. Pour commencer, nous allons le publier sur notre site, www.galigalia.eu, et nos réseaux sociaux.
    • Il faut à présent organiser dès que possible le séjour de Cristina au CIA à Antibes auprès de l'Ambassade de France, institution qui a rendu possible ce concours.
    • Bien entendu, nous restons à ta disposition pour tout renseignement complémentaire.
    • Bien à toi,
    • Carlos Vidal.
    • Président de l'APFG
 
  • 20/04/2016
  • O alumnado de 3º da ESO participará na charla-coloquio sobre fotos históricas de Moaña comentadas polos autores dos libros de MOAÑA, HISTORIA FOTOGRÁFICA  Xesús Cancelas Franco, Manuel Anxo Méndez e Xosé Carlos Villaverde da Agrupación Cultural Nós.
  • Esta actividade está encadrada dentro do plan MOAÑA APRENDE do concello de Moaña.
  • Ampliar esta información coa noticia aparecida no xornal MOrrazoaldía.
  • 18..22/04/2016

  • No IES Plurilingüe A Paralaia desenvolveremos nos vindeiros días a V Semana de Consumo Responsable (do 18 ao 22 de abril), que, coma sempre, virá cargada de actividades para toda a comunidade escolar: obradoiros, documentais, mesa de troco, saídas, palestras, exposicións...
  • O alumnado da ESO participará en obradoiros de temáticas diversas que estarán organizados, na súa maioría, polo profesorado do centro. Así, contaremos con obradoiros de fabricación de xabón a partir de aceite usado, de reciclaxe de teas e de fabricación de trampas caseiras para atrapar as raíñas fundadoras da vespa velutina (no marco dun proxecto que se desenvolve en colaboración coa Universidade de Vigo e que mereceu os parabéns da Consellería de Educación). Ademais, haberá un obradoiro de percusión con instrumentos reciclados desenvolvido polo especialista Didier Díaz, de Eco Percusión.
  • Por outro lado, no marco da Semana de Consumo Responsable, un grupo de alumnos e alumnas de 1ª da ESO visitará a praza de Moaña para coñecer e promover hábitos de consumo local, de tempada e responsable.
  • Un dos pratos fortes será a proxección do documental coral “Fíos Fóra”, producido por Amarante-Setem e dirixido por Illa Bufarda, que terá lugar o mércores 20, ás 12:20. O documental ten como fío conductor a dúas traballadoras galegas do téxtil e ao longo do mesmo se vai expoñendo en primeira persoa e dende distintos puntos de vista como foi e é o sector da confección en Galicia, o seu proceso deslocalizador e o impacto que ten en miles de mulleres traballadoras de distintas partes do mundo.
  • Haberá tamén, para alumnado de bachalerato, unha charla sobre invasoras a cargo de Antonio López Nogueira, do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo.
  • Por último, contaremos con dúas exposicións, unha de Bibliografía sobre consumo responsable e outra sobre Os fíos soltos da nosa moda (elaborada por Amarante Setem).
  • Coma sempre, trátase de concienciar(-nos) e sensibilizar(-nos) ante a nosa responsabilidade como cidadanía comprometida con capacidade de transformar a nosa contorna, o noso mundo e as nosas vidas a través do que decidimos consumir acotío.
  • O obxectivo principal é informarnos, reflexionar, concienciarnos e, aínda que sexa de forma moi modesta e case simbólica, practicar un pouco de economía solidaria e alternativa, unha economía baseada no intercambio, na reciclaxe e na reutilización e sobre todo na redución dun consumo que debe ser sempre responsable, pensando no ben común antes que no consumismo exacerbado tan característico do mundo no que vivimos.
  • 18..25/04/2016
  • Intercambio de alumnos Francia-España.
  • Acollerase a un conxunto de alumnos franceses que convivirán con familias de alumnos do centro e farán distintas actividades de tipo académico e cultural.
  • Por outra parte, os participantes do IES A Paralaia irán a Ploërmel, na Bretaña francesa, desde o 5 ata o 12 de maio. Alí temán se realizarán as actividades previstas polo centro de ension francés, que inclúe visitas a Nantes, Rennes, Saint Maló e Saint Michel.
  • As familias dos alumnos galegos proporcionarán o aloxamento nos seus fogares aos correspondentes franceses. E o mesmo farán as familias francesas cos alumnos moañeses.
  • Ver galería de fotos.
  • 12/04/2016
  • Conferencia do profesor Antonio Reigosa, eminencia en cultura e tradición oral de Galicia: mitos, lendas (tamén urbanas), etc.
  • Dirixida para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO.
  • O alumnado do club Manga do centro tamén o entrevistará.
  • Consultar Curriculum Vite do conferenciante.
  • 11/04/2016
  • Concentración dos Clubs Manga dos institutos IES Álvaro Cunqueiro e IES Alexandre Bóveda de Vigo,  IES A Paralaia e IES As Barxas.
  • Esta concentración está inserta nunha serie de actividades e intercambios que os Clubs Manga levan realizando urante o año e que espera que se prolonguen durante os anos seguintes.
  • As actividades dos Clubs Manga inclúen varias concentracións, a creación de un blog, de unha revista, escribir un cómic propio, etc.
  • A concentración do luns no noso centro inclúe actividades moi diversas:
    • Ás dez chegarán os alumnos dos outros centros.
    • Os membros do Club Manga da Paralaia lles darán a benvida con un flash mob.
    • A continuación, terá lugar no pavillón, o concurso de Cosplay, que consiste en caracterizarse da maneira o máis fiel posible como personaxes de Manga o Anime. Una vez entregados os premios ós membros mellor cosplayeados, terá lugar un taller de xaponés e coreano.
    • A continuación, os membros dos catro clubs se desprazarán ó Lago Castiñeiras para xantar, se o tempo o permite, e continuar cas actividades programadas.
    • Trala comida, haberá un campionato de Pokemon e xogos tradicionais xaponeses.
    • A hora aproximada de remate das actividades será as 18:30h.
  • Ver noticia cuberta polo xornal Morrazo al día.
 
  • 04/04/2016
  • A nosa alumna Vera Santomé Juncal, de 1º de Bacharelato B, ven de recibir o premio ao mellor microrrelato na categoría de menores de 16 anos no II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL VIGO "Primeiro as persoas, logo as fronteiras", sobre a crecente crise de refuxiados que Europa está a vivir nos últimos meses.
  • Para saber máis sobre o concurso, o acto de entrega, ou ler o microrrelato de Vera preme aquí.
  • 04/04/2016
  • Visita didáctica á Casa da Música de Porto e un percorrido pola cidade.
  • Os departamentos de música e portugés organizan esta actividade na que participa o alumado de 3º da ESO A e B e os alumnos de 2º da ESO B que estudan portugués.
  • 02/04/2016
  • Actividades correspondentes á campaña de sensibilización do alumnado con trastorno de espectro autista, TEA.
    • Construcción de "testigos" co eslogan da campaña, a disposición do alumnado na biblioteca, para facer fotos de conxunto collendo os testigos.
    • Globos azuis, postos á disposición do alumnado de 1º e 2º da ESO para inflalos e colgalos nas portas das aulas, ventás e teito da entrada do centro.
  • Todo o material informativos está dispoñible na web do Día Mundial do Autismo.
  • Tamén está dispoñible a información da campaña #pasaloporelautismo.
  • 31/03/2016
  • Actuación do actor Quico Cadaval na sala de usos múltiples desenvolvendo un monólogo en clave de humor na que participará o alumnado de 1º de Bacharelato e os Ciclos Formativos.
  • A actividade está organizada polo Equipo de Normalización. 
 
  • 16/03/2016
  • Viaxe dos estudantes de portugués a Vila Nova de Gaia, para coñecer o agrupamento escolar dos Carvalhos.
  • Con esta actividade o nosos instituto pretende iniciar unha serie de intercambios educativos e de colaboración con ese centro dentro do marco Erasmus+.
  • Alí participaremos nas actividades da mostra formativa "Trabalhar no século XXI", e pasaremos unha xornada de convivencia co alumnado portugués.
  • A actividade está organizada polo Departamento de Galego, do que depende a docencia da Lingua Portuguesa.
  • Ver memoria da viaxe e galería de fotos.
  • 15/03/2016
  • Charla sobre "Novas tecnoloxías e acoso escolar" na sala de usos múltiples do centro.
  • O departamento de orientación organiza esta actividade na que participará o alumnado de 1º e 2º da ESO.
  • A actividade está encadrada dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS.
  • 14/03/2016
  • O alumnado de 2º CMXA e 2º CSAF visitará a nave de INDITEX en Arteixo.
  • Actividade organizada polo departamento de administrativo.
  • Ver foto da visita.
 
  • 07/03/2016
  • Entrega de premios do concurso de cartas de amor (lettres d´amour), do Departamento de Francés.
  • Ver fotos do evento.
  • 04/03/2016
  • Viaxe a Santiago de Compostela.
  • Os departamentos de Música e Xeografía e Historia, organizan unha visita a Santiago de Compostela do alumnado dos cursos 4º ESO A e B, 1º Bacharelato A e B e 2º Bacharelato B.
  • Disfrutarán da visita ó Mupega, dun concerto didáctico de jazz no Auditorio de Galicia e dun percorrido pola Catedral.
  • 03/03/2016
  • De 08:30h a 14:00h OBRADOIRO SOBRE TÉCNICAS DE ORATORIA dirixido ao alumnado de 1º da ESO.
  • Relator: Iván Olmos, comunicador audiovisual, formador en oratoria e investigador en comunicación política.
  • 29/02/2016
  • Actividade de "TEATRO GRECOLATINO" en Lugo dirixida ao alumnado de Latín e cultura clásica de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de bacharelato.
  • Asistirán como público ás obras:
    • Eurípides, Medea.
    • Plauto, Xemelgos.
  • Organiza: Departamento de Grego.
  • 24/02/2016
  • Conmemoración do día de Rosalía de Castro enviando un dos seus versos a Twitter para convertelo en trending topic.
  • Esta actividade desenvólvese a proposta da Asociación de Escritores de Lingua Galega.
  • Na páxina da AELG (www.aelg.gal) aparece toda a información e no centro colocaranse carteis informativos.
  • 17/02/2016
  • O alumnado de 1ºCSA e 2ºCMXA participará na actividade: "RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS DE CONSUMO" na Escola Galega de Consumo en horario de 08:30h a 14:00h.
  • 17/02/2016
  • VII Olimpíada Galega de Xeoloxía.
  • 16 alumnos de 1ºBAC A e 4ºESO A asistirán á fase provincial da VII Olimpíada Galega de Xeoloxía que se celebrará no CUVI.
  • Desenvolvemento da xornada:
    • 10:45h .- Concentración do alumnado participante na entrada da Escola de Minas.
    • 11:00h .- Acollida aos participantes.
    • 11:20h .- Traslado de participantes á zona de laboratorios/aulas para a realización da proba práctica.
    • 11:30h .- Comezo da 1ª quenda.
    • 12:00h a 12:15h .- Cambio de quenda entre os distintos grupos.
    • 12:50h .- Remate da fase práctica.
    • 13:00h a 14:30h .- Tempo libre para xantar e descansar.
    • 14:45h a 16:15h .- Realización da proba teórica.
    • 16:15h a 18:00h .- Corrección das probas por parte do equipo organizador.
    • 18:00h .- Publicación dos resultados provinciais e entrega de acreditacioónse agasallos aos gañadores, acto de clausura e retorno ás localidades de orixe.
  • MOITO ÁNIMO AOS NOSOS REPRESENTANTES !!!
  • 15/02/2016
  • Viaxe do alumnado de 4º da ESO á cidade de A Coruña visitando a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e a Real Academia.
  • Logo, despois do xantar, disfrutarán dunha visita ao Acuario.
  • Organizan o Departamento de Lingua Castelá e de Lingua Galega.

 

  • Memoria:
  • O alumnado recibiu moitas explicacións sobre a obra e a autorae os rapaces tiveron a ocasión de experimentar o que era moverse dentro dun corsé do século XIX.
  • Tamén puideron coñecer mellor a institución da Real Academia e a súa historia.
  • Logo, despois do xantar, visitaron o acuario e a Torre de Hércules.
  • Ver galería de fotos.
  • 12/02/2016
  • Charla sobre VIOLENCIA DE XÉNERO dirixida ao alumnado de Ciclos Medios e Superiores así como ao de Formación Profesional Básica en horario de 09:20h a 11:00h na sala de usos múltiples do centro.
  • Organiza: Departamento de Orientación.
  • 05/02/2016
  • A partir das 11:30h.
  • Celebración do entroido coa temática "MUSICAIS DE BROADWAY" con:
    • Actuacións.
    • Entrega de premios.
  • Para ver a galería de fotos do evento a través de facebook pódese facer premendo aquí ou no acceso rápido da barra lateral dereita.
  • 15/02/2016
  • Encontro do alumnado do Obradoiro de escritura e do Clube de lectura coa peta pontevedresa Marta Dacosta ás 15:00h.
  • A continuación (sobre as 16:00h) falará para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades.
  • Organiza o departamento de EDNL.
  • Antes da charla, Marta reuniuse cos nosos alumnos escritores para falar do proceso creativo. Ver imaxes do encontro.
  • 03/02/2016
  • O alumnado de 2º de lingua extranxeira de 4º da ESO participará na actividade complementaria "Xantar na Crêperie Bretonne" en Vigo, en horario de 10:00h a 14:00h.
  • Esta actividade está organizada polo Departamento de Francés.
  • 15/12/2015
  • EXPOSICIÓN DE ARTE "TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN" por parte do alumnado de 2º de ESO en Vigo.
  • 20/01/2016
  • O alumnado de 1º de ESO asistirá, no IES As Barxas, á actividade de teatro "Espantallo amigo", organizada polo Departamento de Galego en horario de 11:30h a 12:00h.

 

  • INICIATIVA DE ITINERARIOS LECTORES.
  • Páxina web que permite que cada quen deseñe o seu propio itinerario grazas ás etiquetas e á organización por niveis de dificultade de lectura.
  • Trátase dunha iniciativa que busca mellorar a competencia lectora do alumnado.
  • Ir á web.
  • CLUBE MANGA DO IES PLURILINGÜE A PARALAIA.
  • Blogue do clube manga do centro con opinións, novidades, curiosidades, sobre o universo do manga.
  • Ir ao blogue.
  • En relación con este asunto, o alumnado do club de lectura asistirá en Vigo á actividade "CLUB MANGA" o día 13/01/2016.
  • ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
  • Ver a orde.
  • 11/01/2016
  • XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOPORTE VITAL BÁSICO (SVB)
  • Organiza: Departamento de FOL.
  • Imparte: Protección Civil de Cangas do Morrazo.
  • Dirixido: Ao alumnado de Ciclos Formativos e Formación Profesional Básica.
  • Ver galería de fotos.
  • Febreiro de 2016 (data concreta por definir)
  • Charla sobre violencia de xénero organizada polo Departamento de Orientación.
  • Destinado ao alumnado de FP básica.

 

  • 17/12/2015
  • Charla "consentimento nas relacións", organizada polo Departamento de Orientación para:
    • 1º Bacharelato en horario 10:10h a 11:00h.
    • 4º de ESO en horario 11:30h a 12:20h.
  • 16/12/2015, de 08:30h a 14:00h
  • Actividade extraescolar para o alumnado de 1º CS ADMÓN e 2º CM XEST. ADMVA.
  • Visita ao Parlamento en Santiago de Compostela.
  • Ver foto.
  • Do 27/11/2015 ao 18/12/2015
  • CAMPAÑA DE NADAL DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS.
  • Busca a nosa vaca solidaria no centro e deixa o teu donativo de alimentos de Nadal non perecedeiros.
  • A partir do 11/01/2016
  • Curso de iniciación á lingua e cultura italianas, encadrado dentro dos Contratos Programa.
  • Está destinado ós alumnos de 4º ESO que realizarán a súa viaxe escolar a Roma en xuño.
  • En función da cantidade de alumnos inscritos, abriráse a outros alumnos do centro ou non.
  • Será na pausa do xantar dos luns. Das 14:45h ás 15:45h.
  • A metodoloxía do curso será práctica basada en situacións de comunicación habituais nas viaxes, o que se chama un curso de supervivencia. O curso non tén como obxectivo aprender gramática en profundidade nen prepararse para un exame de lingua italiana oficial da EOI.
  • Requírese do alumno que se apunte seriedade e ganas de participar e falar en italiano cos compañeiros e a profesora.
  • Imparte: Carmen Pérez.
 
  • 25..31/10/2015
  • PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS PARA ALUMNADO DE 2º ESO.
    • O alumnado de 2º de ESO participou no "Programa de Inmersión lingüística" que tivo lugar no "Complejo educativo EL TRASTO" en Hornillo de Eresma (Valladolid)

 

  • ANPA curso 2015-16
    • No menú ANPA pode consultar, entre outra información:
      • A constitución da xunta directiva da ANPA para o presente curso.
      • O enderezo de correo electrónico.
    • No menú Novas da ANPA pode consultar, entre outra información:
      • Cota anual de socio da ANPA.
      • Beneficios dos socios/as.
  • Ver documento ANPA 2015-16.
 
  • 27/11/2015
  • Obra de teatro.
  • Lugar: Salón de actos do IES As Barxas.
  • Horario: De 12:20h a 13:30h.
  • Destinado ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
  • O acto, organizado polo Concello de Moaña, está relacionado coa violencia de xénero.
  • 25/11/2015 e 02/12/2015
  • Obradoiro sobre a violencia de xénero.
  • Lugar: Sala de usos múltiples do IES Plurilingüe A Paralaia.
  • Horario: De 10:10h a 13:10h.
  • Destinado ao alumnado de 3º de ESO.
  • Coincidindo coa celebración do "día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres", o vindeiro 25 de novembro desenvolverase un obradoiro, contando durante o tempo do recreo cun stand informativo con material divulgativo para todo o alumnado sobre o tema a cargo dos responsables da Cruz Vermella.
  • Ver galería de fotos da xornada do 25/11/2015.
  • 16/11/2015
  • Hoxe, ás 11:00h todo o profesorado, alumnado e persoal de servizos do IES Plurilingüe A Paralaia gardou un minuto de silencio en solidariedade cos afectados polo terrorismo en París.
  • Ver Foto.
 
  •  "O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística vén de poñer en marcha un obradoiro de escritura creativa os luns de novembro e decembro na hora do xantar. O obradoiro está orientado a alumnos de 3º, 4º ESO e Bacharelato que teñan interés na escritura. De momento aínda hai prazas por se alguén se quere inscribir. O curso terá continuidade despois do Nadal, xa que a profesora encargada de impartilo virá en algunha ocasión ó centro a realizar o seguimento dos alumnnos. Está previsto que siga tamén no curso que vén. É probable que o obradoiro reciba a visita "sorpresa" de algún autor relevante da nosa literatura.Un dato práctico: estes alumnos non deberán sufragar os gastos de bocadillo, que corren ó cargo do centro".
  • Ver cartaz.
  • 13/11/2015
  • Celebración do "Magosto 2015".
  • Entre as 10:00h e as 13:00h celebraremos o "Magosto 2015", estando convidado o alumnado de 6º curso de Primaria dos colexios de Quintela, Tirán e Seara para participar na 1ª Xornada de Achegamento deste curso e no "IV Trofeo Magosto IES Paralaia" de futbito e baloncesto cos nosos alumnos de 1º de ESO.
  • Ademáis, celebrarase un campionato de penaltis e dous concursos: "Ti si que vales" e "Come a mazá", cuxa recadación axudará a financiar a viaxe de fin de curso a Roma do alumnado de 4º de ESO.
  • Ver galería de fotos.
  • Curso 2015/16
  • APRENDE MOAÑA
  • Programa de actividades complementarias ofrecidas pola Concellería de Ensino para os centros educativos de Primaria e de ESO do Concello de Moaña.
  • Ver programa.
  • 25..31/10/2015
  • PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS PARA ALUMNADO DE 2º ESO.
  • O alumnado de 2º de ESO participarán no "Programa de Inmersión lingüística" que terá lugar no "Complejo educativo EL TRASTO" en Hornillo de Eresma (Valladolid)
  • Poderase acceder á actividade a través do blogue e as redes sociais (Facebook e Twitter) para que os pais sigan as actividades dos seus fillos.
  • Páxina web "El trasto": http://campa.es/?portfolio=trasto-2
  • Ver tríptico.
  • Ata o 22/10/2015
  • CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA DE SEGUNDA MAN E CALZADO, TANTO DE NENO COMO DE ADULTO, ASÍ COMO CALQUERA TIPO DE PRODUTO TÉXTIL.
  • Colaboramos con "Glorr Fundación" na campaña de recorrida de roupa, calzado e outros téxtiles.
  • 06/10/2015 de 10:30h a 13:00h.
  • O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Ciencias participará na actividade complementaria "ESPECTÁCULO DE CIENCIAS" en Vigo, organizada polo Departamento de Física e Química.
  • Luns 05/10/2015
  • Presentación oficial do curso 2015-16 ás familias, na sala de actos do centro.
  • Ésta correrá a cargo da Dirección e o Departamento de Orientación; a continuación poderán coñecer e manter un primeiro contacto cos titores/as dos distintos grupos.
  • Horario:
    • 19:20h    4º ESO, Bacharelatos, Ciclos e FP Básica.
    • 20:00h    1º ESO.
    • 20:30h    2º e 3º ESO.

                   

  • A nosa alumna Miryam García Vidal de 1º Bacharelato, pertenecente ao Club Taekwondo Patiño, que participaba coa Selección Galega no Campionato de España que se celebrou o pasado sábado 26/09/2015 en Alacante,  proclamouse  campiona de España de Taekwondo.  Este título dalle acceso directo a representar a España no vindeiro campionato de Europa, que se celebrará no mes de novembro en Letonia.
  • No mesmo campionato tamén participaba Ainhoa Boubeta Vázquez, do mesmo club Patiño, que tuvo menos sorte que a súa compañeira caíndo por un apretado resultado, contra unha deportista de Navarra.
  •  ¡¡¡¡¡    Parabéns as dúas deportistas    !!!
  • XA PODEMOS XANTAR NA CAFETERÍA DO IES
    • De luns a xoves, previa reserva, podemos xantar na cafetería do instituto.
    • Menú do día 6€. Primeiro prato - Segundo prato - Postre - Pan.
    • Tamén podemos encargar: bocatas, pizzas, ensaladas, pratos combinados, hamburguesas, ...
  • Tamén haberá servicio de cafetería polas tardes para as familias e nenos que adestran no ximnasio e no pavillón.

 

  • 21/06/2015
  • Noticia de Faro de Vigo: "Alumnos del IES A Paralaia harán prácticas en instituciones europeas.
  • Ver noticia completa.
  • 11..17/06/2015
  • Excursión a Londres.
  • Un grupo de alumnos de 4º de ESO disfrutou duns días en Londres paseando por barrios emblemáticos e visitrando edificios históricos e museos.
  • Ver galería de fotos.

  • Actividade de final de curso.
  • Como remate de curso, o venres 19, o alumnado de ESO  realizaremos unha visita a Marín organizada polo Departamento de actividades extraescolares: Parque dos sentidos, Petrogrifos de Mogor e Praia de Mogor.
  • Sairemos ás 09:45 e regresaremos ás 13:45.
  • Ver galería de fotos.

  • 12/06/2015
  • O pasado venres tivo lugar a xornada de portas abertas para o alumnado que o próximo ano cursará 1º da ESO no noso instituto.
  • O alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos, acompañados dos seus pais, visitaron o centro e coñeceron as instalacións.
  • Rematamos con unha merenda preparada por os alumnos de 3º da ESO, que serán os seus titores acompañantes durante o próximo curso.
  • Ver galería de fotos.