Skip to Content

Día escolar da paz e da non violencia

O pasado mércores foi o Día escolar da paz e da non violencia que se visualizou no IES Ánxel Fole construíndo 1000 grúas de papel. A actividade foi organizada polo profesor de Matemáticas Xosé Manuel Gómez López, coordinador de convivencia e monitor de papiroflexia dentro do proxecto de Lecer inclusivo.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

Unha antiga lenda promete que calquera que faga mil grúas de papel recibirá un desexo de parte dunha grúa, tal como unha vida longa ou a recuperación dunha enfermidade.

As mil grúas de origami convertíronse no símbolo da paz en Xapón, debido á historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que desexou curar da leucemia producida pola explosión da bomba atómica.

Se queres saber máis desta historia fai clic aquí

 

 

 

 

 

 Relacionado con esta conmemoración o alumnado de 2º bachillerato asistíu o 1 de febreiro a charla "Españoles en Mauthausen: Una historia para recordar", impartida por Concepción Sanfiz.



page | by Dr. Radut