OS PRIMEIROS!!!!

O pasado martes 13 de outubro, todo o IES ,o casi, dirigiuse a cidade de Ourense, moi cedo, xa que houbo que sair ás sete da mañá, para chegar o auditorio de Ourense ás dez da mañá, e participar na entrega de premios do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL OURENSE.

Alí descubrimos que dos tres premios posibles, no Certame OUFF ESCOLA, o noso, era o máis importante, OS PRIMEIROS, nada máis e nada menos, e desta forma o director da película Malos tempos recolleu os 600 € do premio e o computador portatil.

Todo un premio para unha vida dedicada ás actividades escolares cos alumnos en multitude de cousas, xornal, teatro, festivales, e dende fai uns poucos anos tamén o mundo do cine, e é que para o polifacético José Vázquez Peinó o de sair de clase e descansar diante da televisión e deitado no sofá non está no seu diccionario.

Felicidades PEPE, xa que a película, ainda que participe unha gran cantidade de xente do Centro, foi Pepe quen a levou a diante e co seu entusiasmo nos fixo a todos participar.

 

Benvida

Benvidas e benvidos a nova web do IES Alfoz - Valadouro

 

 

 

Estrada Mondoñedo - Ferreira s/n

27774 San Pedro de Mor (Alfoz)

Telefono e Fax: 982 57 43 07

ies.alfoz@edu.xunta.es

Enlace a web antiga

 

Distribuir contido