SEGUNDA AVALIACIÓN E BOLETÍN DE NOTAS

Comunicámoslles que a sesión da segunda avaliación celebrarase o vindeiro mércores 1 de abril ás 11.00 h. A partir dese intre, os pais que estén dados de alta en Abalar poderán ver as cualificacións dos seus fillos. Dende ese día e ata o venres 3 de abril, enviaranse os boletíns de notas ás familias a través de Abalar, correo electrónico ou ordinario, segundo sexa o caso.

As posibles reclamacións poderanse realizar os dous primeiros días da volta ao centro.

Manterémolos informados de calquera novidade.