Congratulations, Paula! See you soon!

Estamos de noraboa no IES, xa que Paula López Cao, alumna de 4º da ESO, conseguiu unha das 80 becas de Fundación Amancio Ortega para ir cursar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá. (Xa hai dous anos quedara de reserva nº 15 a alumna Andrea Freire Longarela, tamén de 4º ESO).

A nosa alumna marchará en agosto a algunha vila norteamericana onde vivirá unha experiencia única e inesquecible.

Dende a comunidade educativa desexámoslle moita sorte nesta aventura!

Paula López Cao

Voz de Galicia