O Mundo que Queremos

O alumnado de 4º de ESO da materia de Ética  participa na nova edición de O Mundo que Queremos que é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, promovida pola Consellería de Educación. Con este proxecto preténdese explorar o potencial educativo da comunicación a través da interacción entre os centros educativos galegos participantes e iniciativas de cooperación internacional que a Xunta de Galicia apoia en países empobrecidos a través das ONGD. O fío temático do proxecto está tecido polos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que se presentarán nas aulas a través de talleres, obradoiros de radio e fotografía e representacións do Teatro da Oprimida. Ao noso centro tocoulle traballar no ODM 4 que é o de reducir a mortalidade infantil

Todo o proceso de intercambio entre as diferentes realidades galegas e do Sur culminará na visita aos institutos de persoas dos países do Sur vinculadas á proxectos de cooperación para o desenvolvemento, e un encontro final intercentros no que todo o alumnado participante gozará dun concerto e amosará os traballos radiofónicos e fotográficos realizados durante estes meses. Este encontro final será o día 17 de abril en Santiago de Compostela

Se ben este proxecto tivo o respaldo das entidades que conforman a Coordinadora Galega de ONGD son sete as organizacións que se atopan detrás da segunda edición de Cooperación galega: O Mundo o que Queremos: Solidariedade Internacional de Galicia, Educo, Mundo Cooperante, Agareso, ACPP, Tempo de Loaira e o Grupo de Teatro da Oprimida.

Como anticipo do noso traballo deixámosvos o enlace ao blog  que fixemos para este proxecto.