Charla Exper-i-ciencia

O xoves 10 de abril, no instituto de Alfoz - Valadouro, a doutora Nieves Piar Vidal González, Científico Titular do CSIC, impartiu a charla "Aplicacións da biotecnoloxía á explotación e conservación dos bosques " ao alumnado de 3º e 4º da ESO, dentro do programa Exper-i-ciencia organizado pola Delegación do CSIC en Galicia.

Nesta charla, a doutora explicou onde se encontran e a que se dedican os distintos centros do CSIC en Galicia e máis concretamente, no que ela desenvolve o seu labor de investigación, o IIAG (Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia). Durante a charla prestou ao alumnado unha pequena árbore de cultivo " in vitro ". Explicou como realizaban estes cultivos e como punto final, regalou ao centro tres pequenos botes que contiñan unha mostra en miniatura do bosque galego tradicional.

Exper - i - ciencia

 

Acceso a las fotos en la galería.