Skip to Content

Economía

Martes 24

Son as dez e vinte, se estivésemos no "insti", sería a hora do descanso. Nas vosas casas non sabemos se organizastes o voso horario pero mandámosvos este recordatorio de que tamén debedes programar tempos de lecer, de descanso e de exercicio.

E con isto xa nos queda un día menos para volver estar xuntos.

É importante que manteñamos o espírito positivo e, por iso, queremos empezar cunha reflexión:

                                  "Ás veces sentimos que o que facemos é tan só unha pinga no mar,

                                    pero o mar sería menos se lle faltase esa pinga".

Non dubidedes de que canto facedes ten enormes consecuencias na vosa contorna inmediata, pero tamén a gran escala, onde vosa vista non alcanza.

Coidádevos moito.

Luns 23

Hoxe comeza unha nova semana en casa, a segunda na que traballamos exclusivamente on-line. Como se está levando?, como se atopan os vosos familiares e seres queridos?. O noso desexo é que todos se atopen ben.
 
En circunstancias habituais estaríamos en clase, habería algunha que outra man levantada, habería comentarios, ... Gustaríanos que esas mans levantadas, tanto as que teñen dúbidas ou as que simplemente queiran compartir algo, que o fagan.
Como vos dicimos sempre, aínda que esteamos na casa, ides poder atoparnos no correo sempre que o necesitedes.
Tanto para resolvervos dúbidas como para que sigades compartindo os vosos momentos connosco, aínda que sexa de forma virtual: algunha manualidade que fixésedes, a foto dalgún prato que preparásedes, a vosa música preferida para estes días, anécdotas divertidas ....
 
Antes de empezar o traballo de hoxe, pautado na aula virtual, lembrámosvos que se non entendedes algo, mandédesnos unha mensaxe aos profesores correspondentes a esa materia na que tedes dúbidas. Trataremos de aclarárvola.
 
E lembrade que ante calquera dificultade debedes tratar de dar o mellor de vós: o voso traballo, o voso agarimo, os vosos sorrisos, palabras amables, xestos cariñosos, paciencia....
 
Mandámosvos un abrazo grande

Información xoves e venres

Informámosvos que hoxe xoves (festividade do Día do Pai e San Xosé) e mañá venres (día non lectivo do centro), faremos un descanso nas tarefas,  ata o luns.

Así que volveremos contactar convosco o luns para indicarvos cal é o plan de traballo para cada día da próxima semana.

Esperamos que todos e todas vos esteades adaptando ben a esta forma de traballar e agradecemos todas as vosas achegas e suxerencias.

Coidádevos moito estes días, aproveitade para ler, debuxar, ver a tele, facer algo de exercicio físico, gozar da familia, .... en fin as opcións só teñen o límite da vosa imaxinación.

Un forte abrazo

Mércores 18

Hoxe queremos comezar cunha reflexión "Nos contratempos, sobre todo, é onde coñecemos todos os nosos recursos, para facer uso deles." (Horacio)
 
Aos que aínda non nos escribistes estes días, estades aí, verdade?. Queremos pensar que nos ledes e que estades ao tanto do que vos enviamos, pero animámosvos a escribirnos tamén. Faranos ilusión recibir as vosas mensaxes.
 
A través do correo mail da materia recibiredes as indicacións do traballo pautado. Como sempre, se tedes algunha dúbida, estamos dispoñibles a través da aula virtual e dos correos de cada materia.
 
Coidádevos moito
 

Comezo plan traballo

Comezamos unha nova semana e, aínda que é diferente ás que estamos habituados a compartir, o verdadeiramente importante non cambiou.
Dende casa todos estamos a colaborar por unha necesidade común.
 
Quisieramos que no posible, vivades estas semanas coa sensación de que o día a día do Centro non cambiou, tendo en conta que seguiremos traballando xuntos na responsabilidade e no traballo.
 
Para iso contaredes coa nosa axuda a diario. Sabemos que seguir unha rutina en casa pode resultar máis complicado, e que, poden xurdir moitas dúbidas, por iso, estaremos pendentes dos vosos avances a través dos correos mail de cada materia.
 
Cada día enviarase unha previsión de traballo da xornada. Quixésemos que, aínda que nós non podamos acompañarvos neste momento, poñades o mesmo esforzo e esmero ao realizalas; dese xeito o traballo merecería a pena.
 
Moito ánimo a todos e todas.
 

Instrucións departamento Economía

Aínda que se suspenderon as actividades lectivas, dende o instituto imos seguir sendo responsables e atendéndovos aínda que por medios distintos dos habituais.
 
Por todo iso comunícovos encarecidamente o seguinte e en primeiro lugar, tomar conciencia da situación, sobra repetir que non debemos saír de casa salvo por razóns suficientemente importantes, e, de facelo, mozos e mozas, por favor, seguindo as cautelas habituais. Creo que o meu labor é educarvos tamén na responsabilidade e por iso o primeiro punto e agora mesmo fundamental, é ese.
 
Dende o departamento de Economía, preparamos uns plans de traballo adaptados, coas súas respectivas pautas de seguimento.
Todas as actividades programadas e o control que se irá facendo das mesmas servirannos de feedback na aprendizaxe, pero NON COMPUTAN PARA A AVALIACIÓN.
Ante todo calma e tranquilidade.
 
Procurouse que o traballo sexa levadío para non saturarvos, pois consideramos que se trata de traballar cunha regularidade diaria, tentando manter horarios e hábitos de traballo.
Traballaremos dende a plataforma "aula virtual" do centro así como a través do correo mail de cada materia onde se irá pautando o traballo a realizar.
 
Moito ánimo a todos, tédesme á vosa disposición para o que necesitedes.
Distribuir contido


by Dr. Radut