Skip to Content

Orientación

Conexións Bacharelato con Estudos Superiores - seguimos orientando

Neste documento tedes moita información sobre as saídas de Bacharelato.

Esta información a podedes completar co programa Orientaline para ampliar datos sobre onde cursar estudos, notas de corte, perfil profesional.

Se tedes dúbidas poñeros en contacto co Departamento de Orientación.

Orientando de 4º da ESO a BACHARELATO para o curso 2020 - 2021

Rematamos a ESO e queremos continuar estudos, ben feito!. Podedes elixir entre cursar Bacharelato ou Formación Profesional.

Nesta presentación imos a informarvos da oferta de Bacharelato e, en concreto, no noso centro educativo.

Espero que esta nova etapa de esforzo e superación os axude a futuras novas e boas decisións. 

O Departamento de Orientación

Os membros do Departamento de Orientación

mándavos mensaxes de ánimo

para todos e todas. 

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19 

PAUTAS PARA A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO NA CASA

Estimadas familias:

Dende o Departamento de Orientación e ante a situación provocada pola crise do COVID-19; queremos ofrecer as seguintes pautas e recursos ao alumnado do IES Agra de Leborís que asiste á aula de apoio; co obxectivo de axudar na continuidade do proceso educativo do noso alumnado durante este período de suspensión da asistencia ao centro:

  • Establecer un horario diario de traballo.
  • Seguir a orde das materias indicada no horario semanal de clase.
  • Adicar aproximadamente vinte minutos a cada materia.
  • Neste tempo traballaremos o indicado polo profesor/a da materia ou de apoio.
  • Algúns/has deberedes realizar o traballo individualizado elaborado pola profesora de apoio e que enviaremos por correo electrónico.
  • Se de algunha materia non hai todavía traballo; repasaredes o feito na clase ata o momento: estudo dunha parte dun tema e resumo no caderno, repetir as actividades sen mirar o feito na clase e comprobar unha vez rematado o exercicio, realizar resumos e/ou esquemas de cada parte estudada…..
  • Facer as actividades no caderno indicando sempre a data ao empezar o traballo.
  • Manter orde e limpeza no traballo realizado no caderno coidando a presentación. Escribir os enunciados de cada exercicio. Indicar o feito cada día. 
  • Seguir as pautas do profesorado de materia/apoio sobre as entregas/correccións.
  • Empregar recursos da rede (videos en youtube...) para buscar explicacións sobre os contidos cós que teñades dificultade á hora de realizar as tarefas.
  • Contactar co mestre de apoio na seguinte dirección da plataforma SKYPE: apoiomatematicas laracha.
  • A familia realizará un seguimento do traballo diario realizado polos seus fillos/as.

Departamento de Orientación   

A Laracha, 16 de Marzo de 2020

 

Apoio PT Matemáticas

Estimados Pais/Nais:

Dende o Departamento de Orientación do IES Agra de Leborís da Laracha e ante a situación provocada pola crise do COVID-19 queremos informar que:

O alumnado que está recibindo apoio por parte do mestre José González, teñen a súa disposición un apoio personalizado vía telemática a través de SKYPE,  co  obxectivo de axudar a aclarar todas as dúbidas que poidan aparecer á hora de facer as tarefas escolares, dando así continuidade ao proceso educativo do noso alumnado.

Para elo, será necesario abrir una conta en Skype, ben no computador da casa ou no móbil, a tráves dunha conta de correo ou o mesmo número de móbil.

Unha vez feito so é buscar apoiomatematicas laracha e esperar a aceptación.                                 

Departamento de  Orientación       Laracha, 17 marzo de 2020

 

Distribuir contido


by Dr. Radut