Skip to Content

INTERCAMBIO A LARACHA - LES SABLES D'OLONNE - MAIO 2023

O alumnado da Laracha estivo en Francia do 9 ao 15 de abril. O alumnado de Les Sables d'Olonne estiveron do 5 ao 12 de maio. Realizaron un programa de actividades moi completo coa asistencia a algunhas clases cos seus compañeiros e compañeiras. Organizáronse saídas por Santiago de Compostela, pola Costa da Morte e pola cidade da Coruña. Coñeceron A Laracha e os seus arredores. Gozaron de tempo libre en familia e foron convidados a un xantar con produtos típicos na cafetería do noso centro. Dicían que estaban moi cansos, pero que valeu a pena. Gran experiencia de convivencia para todos e todas.



page | by Dr. Radut