Skip to Content

Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria coa colaboración das Oficinas de Farmacia da provincia da Coruña

Infórmase que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Programa para que, os estudantes de 12 a 17 anos, asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles con covid19 deberá contactar con seu centro de saúde.



page | by Dr. Radut