Skip to Content

O SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR EMPEZA A FUNCIONAR O 1 DE OUTUBRO

Dado que unha nova empresa de catering se encargará de traer os menús ao alumnado que solicitou o comedor, e que ten que facer cambios adaptados ao novo espazo, agardaremos ao 1 de outubro para comezar co servizo.

Polo tanto, non haberá servizo de comedor o luns día 24 de setembro. Desculpen as molestias. Ese día, se hai alumnado que non marche á súa casa e permaneza no centro coa súa propia comida, será atendido e supervisado por profesorado.



story | by Dr. Radut