Skip to Content

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - LINGUA ESTRANXEIRA FRANCÉS - CURSO 2023-2024

2LE Francés 1º ESO 

 

2LE Francés 2º ESO

 

2LE Francés 3º ESO

 

2LE Francés 4º ESO

 

2LE Francés I 1º Bacharelato

 

2LE Francés II 2º Bacharelato 

 

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS DE AVALIACN

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Ademais dos criterios mencionados anteriormente en cada nivel, queremos destacar o seguinte:

As cualificacións obteranse tras a realización das probas que avaliarán as 4 competencias ou bloques: comprensión e produción orais así como a comprensión e produción escritas, intentando darlle, sempre e cando sexa posible, os seguintes valores:

-  70% para a parte escrita,

- 30% para a parte oral (na que o 10% correspondería á comprensión e o 20% á produción).

 

PARTE ESCRITA

PARTE ORAL

PORCENTAXE

1ª - 2ª - 3ª

AVALIACIÓN

 70%

 

30%

(10%  Comprensión

e 20% para a produción)

100%

 

- Basearémonos fundamentalmente nos exercicios realizados en clase para extraer os exercicios-tipo das distintas probas co fin de que resulten familiares ao alumnado.

- Só se repetirá o exame ao alumno que falte o día marcado previamente, se a ausencia é por motivos de saúde e vén apoiada por un xustificante médico.     

- No caso de que o/a alumno/a non acade unha nota positiva nalgunha avaliación, este/a terá a posibilidade de recuperala aprobando a seguinte avaliación.

- Para aprobar a nosa materia, o alumnado terá que acadar unha nota finalmínimade5.

Cada avaliación terá o seguinte valor para o cálculo da nota final:

-  A nota da avaliación contará o 20% , a da 2ª avaliación o 30% e a da 3ª avaliación o 50%.

 

ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES NO BACHARELATO

 1) Os contidos mínimos esixibles para cada curso son os que figuran nesta programación.

 2) O alumnado coa nosa materia pendente  que non a estea cursando no curso actual realizará unha serie de actividades que lle iremos entregando, recollendo e avaliando ao longo de cada trimestre. No caso de non entregar estas actividades ou de entregalas sen acadar o nivel requerido, o alumno ou alumna terá que presentarse a unha proba final no mes de maio. Os membros do departamento farán o seguimento das entregas e resolverán as posibles dúbidas durante os recreos, posto que xa non dispoñemos da hora de atención a alumnos.

O alumnado coa nosa materia pendente que si a estea cursando no curso actual obterá nela a mesma nota que na primeira e segunda avaliación do curso presente. No caso de non aprobar a segunda avaliación, o departamento facilitaralle actividades para preparar un exame final en maio ao cal se tería que presentar. O seguimento será realizado polo/a profesor/a que lle imparta a materia no curso actual. No caso de aprobar as 3 avaliacións de 2º de Bacharelato, o/a alumno/a acadará a mesma nota final nas 2 materias (1º e 2º de Bach).

En ambos casos, enviaráselles ás familias e aos titores unha notificación con toda a información ao respecto.

 



page | by Dr. Radut