Saltar navegación.


Inicio   |   O Centro   |   Secretaría   |   Horarios   |   Aula Mentor   |   Aula Virtual   |   Contacto

Ensinanzas Básicas

As ensinanzas iniciais do ensino básico, ou niveis I e II, para as persoas adultas son as que corresponden ós coñecementos básicos inicias necesarios para acceder ás ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado de educación secundaria. Os seus contidos básicos son estes:
Ensinanzas correspondentes ós coñecementos básicos iniciais.

As ensinanzas correspondentes ós coñecementos básicos iniciais dos niveis I e II deberán permitirlles ás persoas adultas adquirir habilidades e técnicas de lecto-escritura e cálculo que favorezan a súa integración básica no seu contorno. Igualmente, estas ensinanzas deberán crear expectativas de formación e desexo de integrarse plenamente no mundo social, cultural e laboral, para o que deberán acceder ós estudios conducentes á obtención de titulacións que lles abran as portas do mundo profesional e laboral.

No nivel II débense afianzar e consolidar aquelas capacidades e técnicas instrumentais acadadas no nivel I. En todo caso:

Ámbito de Comunicación:
Capacidades lingúísticas tanto orais como escritas de lingua galega e de lingua castelá.

Ámbito de Matemáticas:
Estudio e representación do espacio, os números, as medidas e as gráficas, e a iniciación á estatística.

Ámbito da Natureza e Sociedade:
O ser humano e a saúde, o medio físico e os seres vivos, as paixases do mundo, a poboación e as actividades humanas, a organización da sociedade, a vida no pasado, os transportes e as comunícacións, as máquinas e os aparellos, e a Humanidade e a enerxía.

- Material experimental para o nivel II das ensinanzas básicas iniciais Descarga documento

- Currículo para as ensinanzas básicas iniciais Descarga documento