Skip to Content

bloque-estilos

Excursión a Ourense e ao Castro de San Cibrán de Lás

Versión para impresoraVersión para impresora

O pasado 31 de maio organizouse unha excursión a Ourense á que acudiron alumnado e profesorado do EPAPU Albeiros. Pola mañá fixemos unha visita guiada pola cidade, na que nos falaron da historia da mesma e da súa importancia para a historia da literatura galega. Despois dun baño relaxante nas Burgas, comemos e finalizamos a viaxe coñecendo mellor os nosos devanceiros castrexos na visita ao Castro de San Cibrao de Lás, onde paseamos por todos os recunchos deste poboado fortificado, habitado desde o século II a.C ata o século II d.C.

Deixamos aquí un vídeo testemuño do noso paso por Ourense, onde recollemos as fotografías realizadas na visita. Que o desfrutedes!



page | by Dr. Radut