Skip to Content

bloque-estilos

Documentación requirida

Versión para impresoraVersión para impresora

Para solicitar a matrícula na ESA deberá proceder do seguinte modo:

1. Recoller o sobre de matrícula na Conserxería que contén os seguintes documentos ou ben descargalos e traelos cubertos:

  • Impreso de solicitude de matrícula. Descargar
  • Declaración de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro. Descargar
  • Seguro escolar. Descargar
  • Información sobre a conectividade. Descargar

2. Cubrir de forma clara (preferiblemente en maiúsculas):

  • O impreso de solicitude de matrícula.
  • A declaración de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro.
  • Seguro escolar (só os menores de 28 anos que se matriculen en 3º ou 4º ESA). Debe acudir ao banco con el para facer o pago.
  • Informe sobre a conectividade.
  • Outros documentos que poden ser necesarios:
    • Solicitude de exención de lingua galega. Descargar

3. Aportar ademais:

  • Fotocopia DNI/NIE/Pasaporte nun folio sen recortar.
  • Fotocopia do NUSS ou Tarxeta Sanitaria.
  • Foto carnet actual co nome e curso escrito por detrás.
  • Para menores de 28 en 3º e 4º, o resgardo bancario de ter pagado o seguro escolar. Tamén se acepta o formulario do sobre selado polo banco.
  • Certificado de estudos (debe solicitalo no último centro no que estivo matriculado/a). Se non pode acreditar os estudos realizados, deberá realizar unha Proba de Avaliación Inicial.
  • Se é menor no momento de realizar a matrícula (excepto se estivo matriculado en ensinanzas de adultos anteriormente ou se é deportista de alto nivel):
    • Contrato laboral en vigor.
    • Anexo con autorización paterna.Descargar

 



page | by Dr. Radut