Skip to Content

bloque-estilos

Convocatoria probas libres ESO

Información xeral da convocatoria de probas libres de ESO 2021

Datas e listaxes da convocatoria de maio:


Formulario reclamacións">Formulario reclamación

Datas e listaxes da convocatoria de setembro:

  • Data da proba: venres 10 de setembro
  • Prazo de matrícula: do 1 ao 8 de xullo
  • Data de publicación listaxe provisional admitidos: venres 23 de xullo
  • Reclamación listaxe provisional admitidos: do luns 26 ao mércores 28
  • Data de publicación listaxe definitiva admitidos: xoves 29 de xullo
  • Data de publicación listaxe provisional cualificacións: xoves 16 de setembro
  • Reclamación listaxe provisional cualificacións:
    Formulario reclamacións">Formulario reclamación
  • Data de publicación listaxe definitiva cualificacións: venres 24 de setembro

Horario da proba:

8.30-9.30: Chamamento dos aspirantes. Deben presentar DNI, NIE, Pasaporte ou Carnet de conducir. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.

9.30-12.00: Ámbito Científico-Tecnolóxico

12.15-13.15: Ámbito Social

16.00-19.00: Ámbito de Comunicación

Requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculados no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1 Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa na convocatoria extraordinaria do primeiro cuadrimestre.

4.2 Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa na convocatoria extraordinaria do segundo cuadrimestre (setembro).

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Exención Lingua Galega:

Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria. As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, segundo o establecido no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia.

Observación importante:

O alumnado non poderá acceder á aula con teléfono móbil, smartwatch nin ningún outro dispositivo electrónico activado. No caso dos reloxos intelixentes non se permitirá a súa utilización como un reloxo convencional. En caso de dúbida, o tribunal poderá revisar a calculadora para a súa valoración. Deberán manterse despexados os pavillóns auditivos para comprobación, sen molestias, de que non leva dispositivos non autorizados.

O incumplimento destas normas poderá levar á expulsión do alumno/a da aula, cualificación do exame con 0 ou anulación total da proba.

Deberase cumprir o protocolo COVID-19 do EPAPU Albeiros que se pode consultar no seguinte enlace.



by Dr. Radut