Skip to Content

ACCESO PECHADO TEMPORALMENTE POLA PORTA PRINCIPAL

Infórmase á Comunidade Educativa da EEI Vila Laura que por mor das obras que se levarán a cabo nos vindeiros días diante da Escola, o acceso pola porta principal quedará inhabilitado temporalmente.

TODOS os accesos levaranse a cabo pola porta MOREIRA (rúa Pintor Colmeiro) e pola porta MUSICAL (a carón da porta do Aulario):

Para as Entradas abriranse ambas portas pero as familias abandonarán o recinto escolar pola porta MOREIRA. As saídas faranse tamén únicamente por esta porta.

Para aquel alumnado que chegue máis tarde ou o veñan recoller antes de tempo por razóns xustificadas, o acceso será SEMPRE pola porta MUSICAL. Nestes casos pode que o tempo de espera se demore por razóns organizativas.

Tendes máis información no PDF adxunto. Premer AQUÍ.

 

Moitas grazas pola vosa paciencia, puntualidade e colaboración.

O Equipo Directivo.

AdxuntoTamaño
EEI Vila Laura -- accesos por obras maio24.pdf400.72 KB


blog | by Dr. Radut