Axudas municipais de libros e material escolar
Estimadas familias,
O venres publicouse no BOP a apertura de prazo para as solicitudes de AMES 2023-2024 ( Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil de segunda etapa, e para educación primaria e secundaria).
As solicitudes poderán presentarse desde o luns día 05 de xuño ao venres 30 de xuño:
- De xeito telemático a través da web municipal (www.vigo.org)
- De xeito presencial no edificio do Concello, de luns a venres, en horario de mañá (desde as 8:45 ás 13:45) e en horario de tarde (entre as 15:00 e as 20:00 horas), solicitantando cita previa a través da web do Concello de Vigo, www.vigo.org onde atoparán unha ligazón directa para facelo.
Nos anexos podedes atopar os seguintes documentos:
- Bases
- Convocatoria
- Anexo solicitude
- Anexo xustificación hipoteca ou alugueiro.
Saúdos
Adxunto | Tamaño |
---|---|
XUSTIFICANTE HIPOTECA.pdf | 104.08 KB |
SOLICITUDE AMES 2023-2024.pdf | 187.2 KB |
DECLARACION RESPONSABLE ALQUILER SIN CONTRATO.pdf | 100.9 KB |
Bases Ames 2023-2024.pdf | 288.83 KB |
convocatoria bolsas comedor 20232024.pdf | 244.56 KB |