Skip to Content

Blogues

Manifestación para solicitar un Conserxe na Escola

O vindeiro luns, 18 de decembro, ás 17.30 horas na Praza do Rei (Concello de Vigo) haberá unha concentración organizada por FOANPAS e ADICOPUVI para protestar pola ausencia de conserxes nas escolas e centros escolares da cidade de Vigo e reivindicar a súa presenza, que tan necesaria é no día a día.

Contamos co voso apoio!

Adxúntase comunicado ás Familias premendo AQUÍ.

Tendes máis noticias sobre esta demanda da figura do Porteiro-vixiante nos centros ante os medios de comunicación:

Cadena Ser: https://cadenaser.com/galicia/2023/12/05/la-comunidad-educativa-se-une-ante-la-falta-de-conserjes-en-los-colegios-ahora-somos-nosotros-los-que-nos-pasamos-el-dia-arreglando-cosas-en-los-centros-radio-vigo/

Faro de Vigo:
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/12/06/directores-anpa-urgen-concello-mejorar-95515555.html

Diario Atlántico:
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/mas-mitad-colegios-vigo-tiene-conserje-fijo/202312060530581010350.html

Situación dos centros educativos

Campamento de NADAL 2023

A continuación vos deixamos información acerca do Campamento de Nadal que se celebrará na nosa escola nestas datas. Premer AQUÍ e na imaxe para ampliala.

Data límite: venres 15 de decembro.

Podcast refraneiro

 
 
En cada recuncho de Galicia, para cada circunstancia da vida diaria, existe un refrán que a sintentiza e dalle un valor case universal.
En Vila Laura encántanos o refraneiro galego e as expresións de tradición oral da nosa lingua, por iso dende a nosa radio "Vila Laura nas ondas" os nosos locutores dedican o seguinte podcast ao Refraneiro popular.
Agradecemos a todas as familias a súa participación nesta actividade proposta dende o centro; xa que sen a súa participación non sería posible.

Podcast 25N

Este sábado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.

Dentro das actividades desenvolvidas dende o centro contouse cun contacontos na  Biblioteca,  trátase dunha bonita historia de dúas tartarugas que se namoran a través do conto de «Arturo e Clementina», conto que traballaron esta seman pra falar de igualdade. No seguinte podcast as aulas de Xoaniñas e Piratas cóntannolo.

Vila Laura nas ondas, a nosa  radio escolar, participa deste xeito neste día, aprendendo que só compartindo, eliminando a discriminación e as diferenzas podemos conseguir un mundo máis feliz.

 

 

 

Recollida de xoguetes polo Nadal

Este ano, en colaboración con "Amigos moter@s", levaremos a cabo unha recollida solidaria de xoguetes.

A característica principal é que teñen que ser xoguetes novos, sin estrenar, dado que os beneficiarios/as serán os nenos/as hospitalizados no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo, e así evítase a contaminación externa. Serven todo tipo de xoguetes, ceras e cores, libros de pintar, contos,... 

Respecto aos peluches, servirían de segunda man, xa que son "doados de desinfectar", segundo nos comentaron.

A entrega dos xoguetes realizarase o sábado 16 de decembro, coincidindo coa xa tradicional "Papanoelada motera" na cidade de Vigo.

Podedes ler un artigo de prensa recentemente publicado sobre esta iniciativa:

https://www.anovapeneira.gal/index.php/2023/11/13/digna-dominguez-alvarez-portavoz-do-grupo-amigos-moteiros-de-galicia/

Concurso receita de Nadal

Dende a empresa que xestiona o noso comedor escolar, Aramark, propóñennos unha actividade-concurso na que se vos anima a elaborar unha receita de Nadal.

Ainda que inicialmente a actividade estaba pensada só para os usuarios/as deste servizo, facémolo extensible a toda a Comunidade Educativa.

Tendes ata o 12 de decembro para presentar as vosas receitas de Nadal.

 

Menús comedor mes de Decembro

Carreira popular Érguete e corre

Co firme propósito de fomentar a práctica diaria de exercicio físico e promocionar unha vida activa, saudable e autónoma, e seguindo o noso PLAN de actividades físicas e hábitos saudables, propoñémosvos, a toda a Comunidade Educativa, a posibilidade de participar nunha carreira popular que organiza o Concello de Vigo para este vindeiro domingo 3 de decembro.

Animámosvos a ir cos vosos fillos/as e participar, sobretodo o alumnado, pero tamén o resto das familias!

Tedes máis información no seguinte enlace:

https://magmasports.es/es/evento/peques

 

Prazo límite para a inscrición, este martes 29 de novembro de 2023.

 

 

 

 

 

Beneficios do atletismo na infancia

Dende Aramark, empresa que xestiona o servizo de comedor da nosa escola, invítannos a escoitar unha charla moi interesante sobre os beneficios do atletismo na infancia.

A ponente será Irene Sánchez-Escribano, 8 veces campiona de España en 3.000 metros, e finalista europea e clasificada para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

Máis información e rexistro en:

https://events.teams.microsoft.com/event/6eb59b82-3d4c-458b-a3c5-bb4284541d95@b1519f0f-2dbf-4e21-bf34-a686ce97588a

Distribuir contido


by Dr. Radut