Skip to Content

NOVOS TELÉFONOS

Na EEI Vila Laura temos novos teléfonos e, con eles, nova numeración. Anotade:

Teléfono do centro 886.120.841

Secretaría 886.120.840

 

A numeración antiga convivirá connosco ata o remate da próxima semana.

Mascotas con super poderes

Dende a empresa que xestiona o noso comedor escolar, Aramark, propóñennos unha actividade-concurso na que se vos anima a diseñar unha mascota, basada nun alimento dos seguintes grupos: legumes, froitas, peixes e verduras.

Ainda que inicialmente a actividade estaba pensada só para os usuarios/as deste servizo, facémolo extensible a toda a Comunidade Educativa.

Tendes ata o xoves 21 de marzo para presentar os vosos deseños.

 

 

 

Proceso de admisión para o vindeiro curso 2024-2025

Prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo

 

Para entregar a solicitude que atoparedes nos arquivos adxuntos podedes empregar algunha das seguintes vías:

-Cubrila na páxina de admisión e presentala a través da sede electrónica.

-Traer a solicitude de xeito presencial cuberta a man no horario de secretaria (9:00h a 10:00h e 13:00h a 14:00h).

-Cubrila a través da páxina de admisión alumnado e entregala no centro no horario de secretaria.

 

Importante que a solicitude veña firmada polos dous proxenitores (fixádevos en todas as follas) e que se engada como documentación o seguinte por se é preciso baremar:

-Copia do libro de familia ou similar.

-Certificado do padrón (no caso de que puntuedes por zona de domicilio).

-Certificado de traballo (no caso de que puntuedes por zona de traballo).

Nos adxuntos tedes tamén o manual para as familias.

 

Menús comedor mes de Marzo

Xornadas de portas abertas 2024.Podcast

Os nosos nenos/as teñen moito que contarvos sobre o noso cole e sobre as actividades que realiza o Anpa.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

O Entroido dos nosos avós.Parte V

 
Pingüins
 
 
 
 
 
 

O Entroido dos nosos avós.Parte IV

 
Xoaniñas
 
 
 
 
 
 

O Entroido dos nosos avós.Parte III

 
Osiños e Exloradores
 

O Entroido dos nosos avós.Parte II

Piratas e Astronautas

 

O Entroido dos nosos avós.Parte I

Na semana do Entroido recibimos en VilaLaura a visita de avós e avoas para contarlle a os nosos cativ@s cómo vivían O Entroido cando eles eran pequenos.
Dende Vila Laura nas ondas quisemos recoller estas entrevistas que os nosos pequenos, grandes locutores, fixeron con moita curiosidade.
Tamén dende o cole queremos agradecerlle a os av@s a súa colaboración nesta actividade.

Abelliñas e Xirafas

 

 
 
Tartarugas e Indios
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut