Skip to Content

Escola de Educación Infantil A Pastora en Cambados

  RÚA TRAVESÍA SANTA MARIÑA 5

36630  CAMBADOS

eei.pastora@edu.xunta.gal

 TELÉFONO DIRECCIÓN: 886151177 

  TELÉFONO PROFESORADO: 88651178

 

 

   

solicitudes de admisión para o curso 2024-2025

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro foron admitidas. O proceso de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño.

Proceso de admisión de novo alumnado 2024-2025

O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 886151177- 886151178

Reserva de plazas para o centro adscrito CEP Antonio Magariños Pastoriza

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Sorteo público dos membros da Xunta Electoral

Este ano voltamos a ter Eleccións O Consello Escolar. O vinderio venres 28 procedermos o sorteo público dos membros que compoñen a Xunta Electoral as 9:15.

A directora, unha mestra, unha nai ou pai e un  persoal non docente.

 

REUNIÓN DE COMEZO DE CURSO

O VINDEIRO LUNS 5 DE SETEMBRO AS 12:00 HORAS CONVÓCANSE A UNHA REUNIÓN XERAL A TODAS AS FAMILIAS.

OS TEMAS A TRATAR SERÁN:

  • INFORMACIÓN SOBRE O NOVO CURSO,
  • PERIODO DE ADAPTACIÓN 
  • ENTREVISTAS INICIAIS PARA O NOVO ALUMNADO 
  • PRESENTACIÓN DO PROFESORADO.

AS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DEBERÁN ACUDIR A REUNIÓN. NO CASO DE NON PODER ACUDIR DEBEN POÑERSE EN CONTACTO CO CENTRO.

Formalización da matrícula

 A data para formalizar a matrícula de alumnado de novo ingreso é do 20 ó 30 de xuño.

Entregarase o  Anexo III debidamente cuberto e asinado polos dous proxenitores.

Certificado médico.

Fotocopia de vacinas.

catro fotografías tamaño carné.

O anexo III podese recoller no centro ou descargar do arquivo adxunto.

Reserva para o Plan madruga para o vindeiro curso 2022-23

Estimadas familias,

Desde O Concello de Cambados enviousenos ao documento para solicitar plaza no Plan Madruga para o vindeiro curso 2022-2023. O prazo de Entrega é do luns 2 de maio ó venres 10 de xuño. Entregarase na biblioteca  municipal previa cita. Aquí queda o docunmento por si o queredes imprimir.

Admisión alumnado curso 2022-23

Unha vez rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022/2023,  todas as solicitudes foron admitidas, xa que non superamos á oferta de vacantes.

A partir de agora, aquelas persoas que desexen solicitar praza deberán facelo polo procedemento extraordinario, recollendo o formulario no centro.

A formalización da matrícula será o vindeiro xuño, do 20 ó 30.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-2023

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 21 de marzo.

As solicitudes poderan presentarse:

  •  Recollendo  o Anexo II e logo entregalo cuberto.
  •  Cubrindo o impreso ED550B e entregalo no centro.
  •  A través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ presentando a través de Sede Electrónica.

XORNADAS PORTAS ABERTAS

Os martes e mércores do mes de marzo, en horario de tarde e previa cita, poderedes visitar as nosas instalacións e coñecernos un pouco.

O telefono para a cita é 886151177.

Non dubidedes en poñervos en contacto.

Distribuir contido


by Dr. Radut